ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

29 may 2022

CONTO CON OBRADOIRO CON "LAS CINCO MADEJAS DE LANA" DE LYDIA GIMÉNEZ LLORT

Este conto fala da amistade que xurde pouco a pouco, e de aprender a confiar nos demais, compartindo as súas ideas, ilusións, proxectos. Reflexionamos sobre a importancia do esfuerzo, que ás veces, parece que non sirve para nada, pero pode ser o principio dun bonito final. Sólo hai que ter paciencia, constancia e, si fai falta, añadir una madexa de lá máis. E logo nos fixemos a nosa creación con anaquiños de lá. Creacións coma nós, moi diferentes e moi especiais, cada unha coa súa idea e historia.





CONTO CON OBRADORIO CON "DESAYUNO DE PRIMAVERA" DE PILAR REDONDO BENITEZ

Esta vez  coñecemos unha historia optimista, alegre, que rompeu estereotipos e chea de amistad.
Nela, unha serie de personaxes que nos sorprenden pola súa empatía, amabilidade e optimismo, atopan  un pastel e en lugar de comelo, (que é o que farían moitos) decide buscar o seu dono ou dona porque tal vez o perdeu. Ademais, se llo devolve... quizá lle dea un pedaciño. E así sucede cos amigos que vai atopando, que además preparan agasallos para gañarse ese pedaciño de pastel. 
Falamo de tantas posibilidades de actuar ante esa circunstancia! E quedarnos coas dos nosos amigos do conto. Tamén coa idea de osa, que nos ensina unha forma de facer amigos e amigas, que é compartindo o que temos.  E decidimos facer un pastel para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras do cole. 






22 may 2022

MERCADILLO SOLIDARIO NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, PARA COLABORAR COA AXUDA AOS AFECTADOS POLA GUERRA DE UCRANIA A TRAVÉS DE "ACNUR"

Grazas ás familias, alumnado, profesorado e editoriais  pola súa colaboración no desenvolvemento desta mercadillo solidario, que resultou tan divertido e exitoso. 
Recaudáronse cerca de 700€ que xa se ingresaron la conta que ACNUR ten para axudar aos afectados polo conflicto en Ucrania. 







PACO BARREIRO ESCRITOR DO LIBRO "O PIRATA ATARIPO" COMPARTÍU UNHA SESIÓN NA BIBLIO CO ALUMNADO DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA, OFERTADA POLA EDITORIAL SANTILLANA.

Paco Barreiro víu visitarnos porque estamos a traballar co seu libro “O pirata Ataripo”, co que o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria está vivindo as aventuras do mono tití Ataripo, do seu amigo Chiopío, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas mariñas, con quen foi á conquista dos océanos nunha embarcación moi particular e divertida, chamada O COCODOCOCO.

Pero neste tempo con Paco, tamén conversamos sobre o mundo dos escritores, e respondeu a unha chea de dúbidas e preguntas que lle fixo o alumnado, sobre como se crea as historias e como chegan a ser libros. E xogamos coa nosa lingua coas súas enxeñosas propostas.

Alumnado e profesorado pasárono moi ben, e quedaron pendentes de desenvolver outra actividade que xurdiu na sesión, e enviarán o escritor. Moitas grazas a Paco Barreiro e a Pablo da editorial Santillana, por unha sesión tan produtiva, diferente e divertida.



CONTO CON OBRADOIRO CON "PARA SER HADA MADRINA... O HADO PADRINO" DE CARMEN GIL

 Este libro de Carmen Gil, garda unha chea de historias entre as que está a que ensina que hai fados padriños. Con esta historia, nunhas sesións de biblioteca e atención educativa, aproveitamos a falar da importancia de poder confiar en nós, nas nosas posibilidades que son moitas máis das que poderíamos pensar. Pero tamén, na importancia de confiar nos demais, e do poder que temos para que confíen un pouco mái neles mesmos. 







20 may 2022

CONTO CON OBRADOIRO CON "EL PUNTO" DE PETER H. REYNOLDS

El punto é un conto que explica moi ben o que é a autoestima. E que ensina aos nenos e nenas de forma doada, a valorar o seu traballo e a súa creatividade. Escrito por Peter H. Reynolds, este libro fala do desenvolvemento da confianza nun mesmo a través do ámbito da arte, pero podemos achegalo a calquera outro ámbito. Está cargado de valores como a autoestima, a confianzao impulso á creatividade, a necesidade de ser valorados polos demás e a importancia de que nós, respectemos e valoremos aos demáis.














9 may 2022

CHEGARON NOVAS DA MEIGA TINTUREIRA PARA O "MERCADILLO DO LIBRO" QUE FAREMOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

 Animádevos a traer libros e contos para reutilizar! Se xa os leches, son de cando eras peque ou te apetece donalos, dí a Meiga Tintureira que este é o momento e por unha boa causa. O vindeiro venres día 13 de maio, celebraremos o noso mercadillo de libros e repartiremos "tintueuros", para que todos e todas poidamos mercar a bo precio libros e contos que non temos. Será no patio cuberto do cole, coa axuda do alumnado de 6º de E. Primaria, que atenderá os postos. Para as familias, estará aberto dende as 13:00h, para que poidades achegaros antes da saída do alumnado.

Por favor, non enviedes libros en mal estado. 

Animádevos! O diñeiro recaudado doarase a unha asociación que está axudando a paliar a grave situación que está a vir moita da poboación de Ucrania. 

CORTO DE ANIMACIÓN CON OBRADOIRO: " PIP- UNIVERSIDAD CANINA" CREADO POR SOUTHEASTERN GUIDE DOGS

Nestas sesión de Atención Educativa traballamos coa bella historia deste corto, que a algún e algunha lles fixo chorar. E a todos e todas nos axudou primeiro a reflexionar sobre a importancia dos cans e cadelas guía. Pero logo, e sobre todo, sobre a importancia da empatía, achegándonos a realidades diferentes e complicadas. Falamos sobre a importancia de ter ilusións, de non decaer ante os problemas, do esforzo, que nos leva á superación. E compartimos sentimentos, emocións e sensacións que nos provocou o poñernos no lugar da persou ou do can ou cadela, e o ter que confiar neles.
Gustóulles tanto... que tivemos que velo moitísimas veces. 


Obradoiro co alumnado de 5º de E. Infantil.



Obradoiro co alumnado de 6º E. Infantil.