ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

9 may 2022

CHEGARON NOVAS DA MEIGA TINTUREIRA PARA O "MERCADILLO DO LIBRO" QUE FAREMOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

 Animádevos a traer libros e contos para reutilizar! Se xa os leches, son de cando eras peque ou te apetece donalos, dí a Meiga Tintureira que este é o momento e por unha boa causa. O vindeiro venres día 13 de maio, celebraremos o noso mercadillo de libros e repartiremos "tintueuros", para que todos e todas poidamos mercar a bo precio libros e contos que non temos. Será no patio cuberto do cole, coa axuda do alumnado de 6º de E. Primaria, que atenderá os postos. Para as familias, estará aberto dende as 13:00h, para que poidades achegaros antes da saída do alumnado.

Por favor, non enviedes libros en mal estado. 

Animádevos! O diñeiro recaudado doarase a unha asociación que está axudando a paliar a grave situación que está a vir moita da poboación de Ucrania. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario