ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

22 may 2022

PACO BARREIRO ESCRITOR DO LIBRO "O PIRATA ATARIPO" COMPARTÍU UNHA SESIÓN NA BIBLIO CO ALUMNADO DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA, OFERTADA POLA EDITORIAL SANTILLANA.

Paco Barreiro víu visitarnos porque estamos a traballar co seu libro “O pirata Ataripo”, co que o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria está vivindo as aventuras do mono tití Ataripo, do seu amigo Chiopío, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas mariñas, con quen foi á conquista dos océanos nunha embarcación moi particular e divertida, chamada O COCODOCOCO.

Pero neste tempo con Paco, tamén conversamos sobre o mundo dos escritores, e respondeu a unha chea de dúbidas e preguntas que lle fixo o alumnado, sobre como se crea as historias e como chegan a ser libros. E xogamos coa nosa lingua coas súas enxeñosas propostas.

Alumnado e profesorado pasárono moi ben, e quedaron pendentes de desenvolver outra actividade que xurdiu na sesión, e enviarán o escritor. Moitas grazas a Paco Barreiro e a Pablo da editorial Santillana, por unha sesión tan produtiva, diferente e divertida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario