ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

28 nov 2021

CONTO CON OBRADOIRO: ! TÚ PUEDES¡ DE OLE KÖNNECKE

Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 3 anos, a falar sobre as cousas que nos custa facer solos.

E descubrimos co paixariño Burt, que sempre é bo atreverse, ariscarse e intentalo. Que non pasa nada por ter medo, ou sentir que non sabemos. É algo normal, e se non nos saen as cousas ben, sempre podemos pedir axuda, moita ou pouca, e volver a intentalo. Por que somos capaces, e porque cando o conseguimos, sentímonos... XENIAL!

E así, foi como se sentiron facendo un obradoiro, onde empregando a técnica de papeis rotos, crearon a imaxe da portada do conto. Porque non sabían que cunha chea de papeis, entre todos e todas, ían facer un debuxo... TAN CHULO!



CONTO CON OBRADOIRO: "EL CAMBALACHE" DE JAN ORMEROD E ILUSTRADO POR ANDREW JOYNER

Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 5 anos, a recoñecer celos e conversar sobre eles.  Sobre o que sentimos ás veces, cando pensamos que algunhas persoas que queremos moitísimo, polo que fan o por como se comportan, fannos pesar que queren máis a outros.

Sacamos o que sentemos e por que o sentemos, cos nosos irmáns e irmás. E foi moi curioso, descubrir que abundaban máis os celos cara os primos e primas. Non lles gusta que cando veñen os seus primos de lonxe os seus pais e nais, lles dan bicos e apertas “todo el rato”. Ou que os avós e avoas, aos primos e primas fanlles agasallos cando veñen “y no es su cumpleaños”. Ou tampouco lles gusta, que “les dan dinero porque son más mallores, y los juguetes de pequeños también valen mucho dinero”. E saíron máis mostras de celos, que lles fan sentir mal, e pensar que queren mais aos outros.

Buscamos outras posibilidades máis tranquilizadoras, que poderían xustificar por que os noso seres queridos, actuaban así. E atopar estas posibilidades, creo que vai a axudarnos a que esteamos máis contentos e contentas, e que non interpretemos as accións dos outros, sempre de forma negativa para nós. 

Pero este conto, tamén deu pé a un obradoiro, onde empregando diferentes recursos e técnicas para crear un dos personaxes do conto. Cada un o que quixo, gozando e aprendendo un montón, entre todos e todas. 





24 nov 2021

CONTO CON OBRADOIROS: "VIOLETA Y LOS COLORES" DE ROSARIO CIFUENTES

 Aquí vos deixamos os obradoiros que fixemos con este conto interactivo esCrito e ilustrado por Rosario Cifuentes. Un conto co que conversamos sobre as diferencias e semellanzas que temos entre nós, que nos enriquecen e nos fan únicos e moi especiais neste mundo. Como ocorre no conto coas cores, porque todas son moi importantes e necesarias. 

Obradoiro coa técnica de papeis rotos, no que os nenos e nenas de 5 anos, fixeron o xadín de Violeta.






Obradoiro coa técnica de papeis rotos, no que os nenos e nenas de 4 anos, fixeron a Violeta.






21 nov 2021

CONTO CON OBRADOIROS: "EL RATÓN QUE SE COMIÓ LA LUNA" DE PERT HORACEK.

Este conto axudounos a reflexionar, nas sesións de Atención Educativa sobre o que pasa ás veces, que creemos que as cousas son como nós as percibimos. Vemos a importancia de escoitar aos demais, porque ás súas formas de ver as cousas, pode ensinarnos outras maneiras de ser, ver e facer diferentes, interesantes, e que podemos aprender. Tamén, a importancia de ter amigos e amigas que se preocupan por nós, e que nos axudan a resolver problemas e descubrir outra realidade, buscando que esteamos contentos e contentas. 

Pero este conto, tamén deu pé a unha chea de obradoiros empregando diferentes recursos e ténicas. Gozando e aprendendo un montón.  

Composición da imaxe dunha secuencia do conto empregando pezas soltas que tiñamos na aula, co alumnado de 5º de Educación Infantil.





Composición do animal con diferentes pezas soltas que atoparon na aula, co alumnado de 6º de educación Infantil.


 A orientación espacial e a posición dos animais ou obxectos nos debuxos, coa lumnado de 6º de Educación Infantil.