ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

21 nov 2021

CONTO CON OBRADOIROS: "EL RATÓN QUE SE COMIÓ LA LUNA" DE PERT HORACEK.

Este conto axudounos a reflexionar, nas sesións de Atención Educativa sobre o que pasa ás veces, que creemos que as cousas son como nós as percibimos. Vemos a importancia de escoitar aos demais, porque ás súas formas de ver as cousas, pode ensinarnos outras maneiras de ser, ver e facer diferentes, interesantes, e que podemos aprender. Tamén, a importancia de ter amigos e amigas que se preocupan por nós, e que nos axudan a resolver problemas e descubrir outra realidade, buscando que esteamos contentos e contentas. 

Pero este conto, tamén deu pé a unha chea de obradoiros empregando diferentes recursos e ténicas. Gozando e aprendendo un montón.  

Composición da imaxe dunha secuencia do conto empregando pezas soltas que tiñamos na aula, co alumnado de 5º de Educación Infantil.





Composición do animal con diferentes pezas soltas que atoparon na aula, co alumnado de 6º de educación Infantil.


 A orientación espacial e a posición dos animais ou obxectos nos debuxos, coa lumnado de 6º de Educación Infantil.





No hay comentarios:

Publicar un comentario