Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 5 anos, a recoñecer celos e conversar sobre eles. Sobre o que sentimos ás veces, cando pensamos que algunhas persoas que queremos moitísimo, polo que fan o por como se comportan, fannos pesar que queren máis a outros.
Sacamos o que sentemos e
por que o sentemos, cos nosos irmáns e irmás. E foi moi curioso, descubrir que
abundaban máis os celos cara os primos e primas. Non lles gusta que cando veñen
os seus primos de lonxe os seus pais e nais, lles dan bicos e apertas “todo el
rato”. Ou que os avós e avoas, aos primos e primas fanlles agasallos cando
veñen “y no es su cumpleaños”. Ou tampouco lles gusta, que “les dan dinero porque son más mallores, y los juguetes de pequeños también valen mucho
dinero”. E saíron máis mostras de celos, que lles fan sentir mal, e pensar que
queren mais aos outros.
Buscamos outras posibilidades
máis tranquilizadoras, que poderían xustificar por que os noso seres queridos,
actuaban así. E atopar estas posibilidades, creo que vai a axudarnos a que esteamos
máis contentos e contentas, e que non interpretemos as accións dos outros,
sempre de forma negativa para nós.
Pero este conto, tamén
deu pé a un obradoiro, onde empregando diferentes recursos e técnicas para crear un dos personaxes do conto. Cada un o que quixo, gozando e aprendendo un montón,
entre todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario