Un
ano máis, a nosa biblioteca xa está funcionando cos seus axudantes e
axudantas.
Parte do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, nos recreos acoden á biblio
para votar unha man en todo o que sexa necesario.
Como
cada ano, firmaron un contrato no que se comprometen como axudantes, a cumprir
as normas da biblioteca, ir durante todo o curso,o día que lles toca da semana,
no tempo do recreo.
Estes
primeiros días, estivemos con eles e fixémoslles unha pequena entrevista. Estas
foron algunhas das súas respostas:
Mestra:
- ¿Por que vos gusta ser axudantes da biblioteca?
Alumnado:
- Porque queremos votar unha man no
cole e axudar ás profes.
- É que nos gusta axudar aos demais.
- E tamén, axudar para que a
biblioteca estea ben ordenada e os libros no estean polas mesas.
-
E que no os deixen por aí, fora do seu lugar.
- Porque nos gusta axudar a buscar
libros aos pequenos.
- Porque é divertido poñerse o
chaleco e así te fan mais caso e deixan todo colocado.
- E eu, pásoo mellor que no patio
porque son axudante co meu amigo e estamos xuntos facendo todo.
Mestra:
- ¿Vos parece importante firmar o contrato?
Alumnado:
- Si, porque é algo serio e si non ves, na biblioteca poden
quedar cousas mal.
- Claro, porque así faste más responsable, porque firmaches o
contrato.
- Claro, e tamén que tes que esforzarte, e un día que che apeteza
xogar no patio, pois tes que vir porque
tiñas que pensalo antes de firmar o contrato.
Mestra:
- ¿Cales son as vosas tarefas?
Alumnado:
- Pois axudar aos outros no que necesiten na biblioteca.
- Si, axudalos a buscar libros ou contos nos estantes.
- E tamén, colocar os libros que levaron de préstamo no seu
sitio.
- Ensinarlles a buscar os xogos no ordenador.
- E as veces, tamén a enchufalo e apagalo.
- Tamén, lles dicimos que teñen que falar baixo cando falan
alto e molestan aos demais.
- E somos os últimos en marchar da biblioteca, porque temos que
mirar que quede todo colocado, libros, cadeiras y todo.
Quedounos claro, que saben o importante que é o que
fan, e que están encantados axudando este rato na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario