ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

3 abr 2011

XORNADAS EN SANTIAGO PARA OS CENTROS DO PLAMBE

O vindeiro xoves 7 e venres 8 do abril reunirémonos en Santiago no Pazo de Congresos os reresentantes dos centros integrados actualmente no Plan de Mellora de Bibliotecas Eescolares, un programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, iniciado en 2005, e que inclúe neste curso un total de 374 centros públicos de distintos niveis educativos. O noso centro está inmerso neste programa dede o curso 2007-08.

Será ocasión para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Incidirase nos instrumentos que Internet pon a disposición das bibliotecas para o exercicio das súas funcións e facilitar a formación da competencia informacional do alumnado, e falarase de lectura e de poesía: cine e banda deseñanda centrarán as experiencias dos centros, que se presentarán en mesas simultáneas. Tamén será oportunidade para o encontro entre os membros dun colectivo que están a facer realidade as pequenas utopías que son todas e cada unha das bibliotecas escolares galegas. ALÁ ESTAREMOS!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario