Primeiro a esperada CARTA DA MEIGATINTUREIRA!!!!! para vela en FORMATO PELÍCULA podedes clicar enriba do deseño da Meiga de cores.
28 oct 2024
INAUGURASE A BIBLIOTECA!!!!!
23 oct 2024
UN PAR DE DÍAS MOI ESPECIAIS!
E chegou o momento esperado, a carta da Meigatintureira chegou ás aulas e cun formato moi especial, nunha paleta e pinceis como sinal de todas as propostas que nos agardan neste curso... Clica sobre a paleta para poder ler a carta.
21 oct 2024
XA QUEDA UN POUQUIÑO DE NADA!
Déixovos aquí o horario da INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA, nesta semana poderedes pasar todos os cursos para ver as sorpresas que a MeigaTintureira nos ten preparadas para este curso que comenzamos.
10 oct 2024
UN ANO MÁIS COMEZAMOS!
Ola unha vez máis nenas e nenos!. Xa sabedes que aproveito os veráns, cando vós non estades no colexio, para viaxar polo mundo adiante.
Tamén teño feita algunha viaxe submarina e unha interplanetaria., mesmo algunha viaxe polo tempo...
22 jun 2024
17 jun 2024
TRABALLOS DOCUMENTAIS
Diversas propostas traballadas dende as distintas aulas e áreas para levar a bo porto o lema deste curso: TINTUPEREGRINANDO!!! viaxes polos diferentes camiños que levan a un mesmo destino: A SANTIAGO DE COMPOSTELA.
UN CLÁSICO PARA TER EN CONTA...
Deixovos aquí un pequeno fragmento dunha obra desas que deixan
pegada cando a lemos...sexamos pequenos, grandes....medianos...
cativos ou ben entrados en anos...O PRINCIPIÑO.Un pequeno fragmento
que nos invita a reflexionar sobre a AMIZADE nun mundo onde todo se
compra e se vende, onde todo ten un valor, incluido o tempo que lle
adicamos aos que dicimos que queremos.... un texto para pensar:
22 may 2024
LETRAS GALEGAS E MERCADIÑO DE LIBROS USADOS!!!!
Un ano máis a Biblioteca pon en marcha o Mercadiño de Libros usados, unha proposta solidadia na que colabora toda a comunidade educativa do centro e aberta a todos os seus membros. O importe recaudado sempre se destina a algunha causa de tipo humanitaria e este ano o recaudado irá destinado á ASOCIACIÓN DISCAMINO.
Moitas gracias a todos pola vosa colaboración!!!!!
Aquí vos deixamos o video coas propostas de todo o día!!!!
13 may 2024
ROSCO E PASAPALABRA para celebrar AS NOSAS LETRAS
Un ano máis, podedes participar no concurso que organizan: PASAPALABRA! Cada día unha letra e unha pregunta relacionada coa escritora homenaxeadoa este ano, Luisa Villalta.
Pásate polo mural no recreo, le a pregunta, escribe a túa resposta, introdúcea na caixa e...Moita sorte!
Estade moi aten@s ás preguntas desta semana!!! aquí vos deixo a primeira!

6 may 2024
2024: UN ANO ADICADO A LUISA VILLALTA
Un ano máis, de novo nos xuntaremos para celebrar o día das LETRAS GALEGAS na
nosa escola, este ano adicado a LUISA VILLALTA. Aquí vos deixamos un pequeno
vídeo onde poderedes averiguar algo da súa vída e escoitar algúns dos seus
poemas para irnos preparando:
Tamén vos deixamos aquí unha chea de actividades e xogos arredor
dela, xa veredes que ben o ides pasar e canto ideas aprender! CLica na
imaxe para ir ao enlace:




.jpg)


