4 feb 2016

INVESTIGANDO POLA PAZ....

    

          Baseándonos en documentación do ACNUR e a ONG SAVE The CHILDREN, dende a BE elaboramos este material para traballar có alumnado de 3º a 6º cos conflictos e os movementos de Refuxiados que estos provocan a nivel mundial.

2 feb 2016

MI PAÍS ESTÁ EN GUERRA

 Mi país está en guerra é o título da historia elexida para conmemorar o día da Paz co alumnado de Primaria. A obra da autora infantil e xuvenil de orixen libanés Fátima Sharafeddine.

 
Tamén se realizou un traballo colaborativo no que participou todo o centro elaborando unha árbore con ideas para fomentar nos nosos ámbitos as relacións tranquilas e sosegadas, que tomaron forma de bombilla. 



18 ene 2016

SORTEO QUEN É QUEN?

Aquí tedes os gañadores e gañadoras:



11 ene 2016

SORTEO DO CONCURSO: QUEN SON?, QUE INVENTEI?

Por certo, estes van ser os agasallos do sorteo:



4 ene 2016

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA

    Datas e máis datas...... as datas son moi importantes.... as veces esquecemos algunha delas e a reflexión que implican, por eso celebramos o DIA DE...... (para todo o que vos imaxinedes hai un día de......).
    Aquí deixamos éste referente ao mundo dos libros e das letras editado pola Xunta: DATAS PARA TER EN CONTA TODO O 2016.


15 dic 2015

GUÍA DE LECTURAS, CINE E MÚSICA... PARA TEMPOS FRÍOS

Vai chegando o frío, inda que este ano moi paseniñamente, e con él xa están próximas as tan esperadas vacacións de NADAL. Que mellor momento para pasar en familia e compartir, por qué non lecturas ao calor dos que máis queremos e nos queren. Aquí vos deixamos un ano máis unha guía con algunhas propostas para pasar un Nadal máis entretido/a:

6 dic 2015

INVESTIGANDO: QUEN SON E QUE INVENTARON?



O alumnado de 3º a 6º adicou algunhas sesións da hora de Biblioteca semanal para a investigación documental cara a este concurso que consistía en adiviñar o nome dos inventores/as que estan pendurados no teito da biblio e os seus inventos.

 

2 dic 2015

EN MARCHA AS MOCHILAS..... UNHA ACTIVIDADE PARA COMPARTIR EN FAMILIA

Un ano máis, unha proposta da BE que sempre é recibida con moita ilusión, tanto por parte do alumnado como das súas familias. Disfrutádeas!!!!! e lembrade de cubrir as enquisas que nos permiten ter en conta as vosas suxestións!!!!!! así como os comentarios que deixades nos cadernos viaxeiros!!! todo nos axuda a avanzar!!

 

29 nov 2015

UN CONTO, DOUS CONTOS, TRES CONTOS, CATRO...

   
Un ano máis visitounos o Sr GRAVATA TORTA: Contos para soñar, para sentir, para xogar, para cantar..... unha chea de contos.

17 nov 2015

MARCHAMOS A COMPOSTELA.... !

         
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/PROGRAMA_DEF_1.pdf
 
             Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as    VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Coma en anos anteriores, estas xornadas convocan arredor dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia. 
        O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
 Coma sempre, figuras de primeira orde coma Carlos MagroXurxo MariñoGuadalupe JoverFelicidad CampalRosa Piquín e Ana Siro acompañarán ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de experiencias, a análise eo desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica na escola

13 nov 2015

POR SE OS QUEREDES VOLVER A ESCOITAR!!!!!


O alumnado do CEIP Coirón Dena de 5 anos de Infantil e de 6º de Primaria  preparou este conto. Enlazámolo aquí para que o volvades escoitar se queredes despois da sesión de Contos de Medo do outro día:
https://www.youtube.com/watch?v=uk6ZGF2jHuA

Éste que tedes aquí é do CPI dos Dices en A Coruña:

https://www.youtube.com/watch?v=fHB5jbJMU0Q

E aquí o de Bola de Manteiga feito polo alumnado do ceip de Malpica:

https://www.youtube.com/watch?v=jnzbihNgjgc

Grazas a todos por compartir!!!!!

11 nov 2015

MATERIAIS SOBRE CIENCIA


         Na exposición, que tamén contempla algúns inventos, menos coñecidos polos nosos rapaces e rapazas, podedes atopar unha chea de materiais  para traballar neste curso cos proxectos, experimentos, ... que vos esperan, para que sexa un ano realmente: TROULEANDO COA CIENCIA!!!!!