22 mar 2011

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

Hoxe, 22 de marzo os alumnos de segundo curso foron visitar a Biblioteca Central de Vigo. Una actividade moi interesante para desenrolar a Formación de Usuarios fóra do ámbito da propia Biblioteca Escolar.


Se queredes saber máis cousas sobre a Biblioteca podedes ver este documento:


20 mar 2011

HOMENAXE AOS QUE COIDAN O NOSO MONTE

Este venres 18 de marzo o alumnado de 4, 5º e 6º participou activamente nunha homenaxe que tivo lugar no monte de Fragoselo e no local da Comunidade de Montes. Unha obra de teatro moi didáctica creada pola profesora Mª Dolores Rey sobre os perigos que teñen os nosos montes e o compromiso que temos todos nós no seu coidado. Dende a Biblioteca colaboramos na ilustración dun poema de Rabindanath Tagore en power point que recitaron os alumnos maiores. Dende aquí dámoslles as grazas áos membros da Comunidade de Montes por esta invitación que nos permite participar dun xeito activo nas actividades do entorno.


13 mar 2011

CONVIVENCIA E TEATRO NA BIBLIOTECA..

Este venres 11 de marzo visitáronos os pequechos/as da guardería Lúa, preto do noso colexio. Unha fraternal e divertida xornada de convivencia . Chegaron pola mañá cediño, arredor das 10, e foron á aula de psicomotricidade onde o pasaron xenial cos xogos e cancións que lles tiñan preparados as profes de E. Infantil, despois viñeron á Biblioteca a ver unha obriña de teatro que lles prepararan os alumnos de 5º baseada no conto de Kalandraka: CHIVOS CHIVÓNS: Incríble! 80 criaturas inmóviles ante o conto que lles narraban Sabela e Iria e que protagonizaban os seús compañeiros: Oscar, Sara, Yaiza e Ana. Graciñas dende aquí pola vosa colaboración.


Logo remataron cunha chocolatada no comedor, e claro está a baixar o chocolate no areneiro!!!. Vede, vede o ben que o pasamos todos/as:


DESCUBRE GALICIA...




Presentámosvos unha nova páxina que de seguro vaivos ser moi útil se queredes percorrer a nosa terra...... desde o sofá? ou mesmo sen salir de casa ou do cole. Que cómo se pode facer isto, pois gracias á Rede, a Internet, un recurso que estamos a descubrir e que ofrece un mundo de posibilidades se se fai un bo uso da mesma. O recurso presenta vilas e cidades galegas, sobre todo da provincia de Pontevedra , en panorámica de 360 0. Presenta un interesante estudio socio-económico das dferentes comarcas galegas así como unha reseña dos diferentes Camiños de Santiago. Clicade no enlace:

3 mar 2011

NOVA SECCIÓN NA BIBLOTECA ESCOLAR...


Presentámosvos unha nova proposta lectora e un novo espazo na nosa Biblioteca Escolar.

Con ela pretendemos acercarvos a Biblioteca aos maiores da casa: pais e nais, irmáns, avós e avoas… en definitiva a todos os que xa non estades na Escola como alumnos, as familias, e a todos os que formades parte da nosa Comunidade Educativa.

Ao igual que os vosos fillos/as que están matriculados no centro, calquer membro da familia pode ter o carnet da Biblioteca. O único requisito é que o solicitedes ou ben a través dos vosos fillos ou ben polas tardes de 4 á 6 na mesma Biblioteca. Seravos útil tamén se queredes levar préstamos para os de Educación Infantil que inda non teñen o carnet de lectores ou algún a maiores para os de Primaria.

DENDE AQUÍ SOLO NOS QUEDA ANIMARVOS a que nos visitedes e a que participedes facendo as vosas suxerencias tamén a través deste blog.



28 feb 2011

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Para saber máis cousas sobre o ENTROIDO ou traballar na aula, premede neste enlace da coordenadora GALEGA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, ten moitos enlaces a actividades diferentes para todos os ciclos.




20 feb 2011

SAN VALENTÍN NA BIBLIO.



Dous simpáticos e tenros libros
cos que
celebramos a Semana de
San Valentín
na Biblioteca:



Desta volta non foron os alumnos os que presentaron o mércores lector do 16 de febreiro senón a titora de 5º María José a que se animou, como podedes ver houbo de todo tipo de público, dende pequenos a maiores.


MARIA ELENA WALSH NA BIBLIOTECA


Poemas e cancións para recordar a unha grande da poesía Infantil , MARÍA ELENA WALSH, que morreu o pasado mes de xaneiro. A maior parte da súa poesía recordámola á través da voz de ROSA LEÓN. Na Biblioteca quixemos tamén rendirlle o noso pequeno homenaxe cos poemas: La vaca estudiosa, El mundo del revés, en el país de no me acuerdo y canción para bañar la luna. Regalamos os poemas aos asistentes en formato papel e logo do recitado que fixeron os alumnos de 2º vimos uns videos cos poemas que cantamos.
Se queres descargar e imprimir os poemas para logo aprendelos e cantalos preme no segunte enlace:









14 feb 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están en marcha as MOCHILAS VIAXEIRA para os diferentes cursos de Primaria de 1º a 6º. Trátase dun material que vos permitirá compartir entre toda a familia tempo, ilusións, sentimentos… lecturas, e en definitiva a vida. Pensamos que a literatura compartida permítenos como pais/nais a oportunidade de conversar e coñecer os intereses, inquedanzas e as ideas dos nosos fillos/as: trátase doutro xeito de pasalo ben en familia. Este ano engadimos algunha novidade como é o LIBRO DE COCIÑA e un de LITERATURA PARA MAIORES na liña de ofertar unha mayor variedade nos materiais que se vos achegan: NON SE TRATA DE QUE LEADES TODOS OS EXEMPLARES A FEITO, SENÓN QUE CADA UN ELIXA O QUE MÁIS LLE GUSTE OU LLE CHAME A ATENCIÓN.Esperamos dende o equipo de Biblioteca sexa una actividade que vos guste.
Ah! lembrade as enquisas e facer algún comentario nos cadernos viaxeiros.

6 feb 2011

HORA DE LER NA AULA DE PRIMEIRO

Volvemos do recreo e facemos eses 20 minutos de lectura silenciosa

sostida que dende logo crea un ambiente máxico no Centro, xa que o

facemos dende E. Infantil ata sexto, adaptando aos diferentes niveis.

Poucos comentarios que facer a estas imaxes que podedes ver a

continuación, dende logo que o descubrimento do proceso lecto-

escritor é toda unha sorpresa:

NORMAS BÁSICAS...

Por se non lembras os puntos fundamentais da guía da Biblioteca Escolar, aquí tedes unha VERSIÓN SUPER MINI coas 5 NORMAS BÁSICAS PARA OS USUARIOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR:


SERES DA AUGA

Este mércores 2 de febreiro SABELA de 5º presentounos o seu libro preferido "Seres fantásticos del agua" durante a hora do recreo. Ser te animas a lelo, descubrirás que hai moitos máis que sereas nas profundidades mariñas.