1 mar 2024

Exposición 8 de marzo: celebramos o DÍA da MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller 2024 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Investir nas mulleres, acelerar o progreso", poñendo o foco nun mundo que se enfronta a múltiples crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero é máis vital que nunca. Garantir os dereitos das mulleres e as nenas en todos os ámbitos da vida é a única forma de asegurar o desenvolvemento sostible. (ONU mujeres).

A recopilación de materiais para esta celebración tédela no recuncho que está a carón do posto bibliotecario, aquí vos deixamos algúns exemplos.



26 feb 2024

Celebramos o día de Rosalía!!!

    

Baixo a proposta do Equipo de Normalización lingúitica, do Comedor Escolar, da Biblioteca todo o alumnado do Centro se sumou á celebración da homenaxe a Rosalía de Castro.

    Aprendemos o poema MIÑA CASIÑA, MEU LAR (aquí vos deixamos unha proposta do ceip de Seixalbo) do seu libro Follas Novas....onde se orixinou a idea do famoso CALDO DE GLORIA que é seguido na nosa Terra por moitas cociñeiras e cociñeiros como reivindicación da nósa cultura culinaria, houbo recitado colectivo, biografía e claro está, non faltaron os gaiteiros!!!!! 

    Mesmo nos atrevemos a reimaxinarnos como sería Rosalía na actualidade  baixo a proposta do ilustrador galego   Aarón Fernández Martínez.


Recorta a túa Rosalía video de Quinto Tintureira

23 feb 2024

CAMIÑANDO A COMPOSTELA...

Lembrade que están á vosa disposición os materiais para o proxecto deste curso: 

" DESTINO SANTIAGO: TINTUPEREGRINANDO "

Este é o novo material recén chegado:



31 ene 2024

PEGADAS POLA PAZ

     Aquí vos deixo o resultado das vosas pegadas pola paz que se transformaron en fermosísimos pareados cos que cubrimos o porche da escola. 

Mirade, mirade! 

(clica na flecha da dereita para ver o pase das fotografías e poder les as pegadas)

Día da PAZ de Quinto Tintureira

26 ene 2024

NOVO RECUNCHO NA BIBLIO !

       Xa tedes á vosa disposición os libros referentes ao tema da Paz na Biblio. Un novo recuncho no expositor doble do medio da Biblio, ao lado do posto bibliotecario.

       Podedes utilizalos cando vaiades á biblioteca lembrade que non os podedes levar á casa ata que se desmonte a exposición.

NOVO RECUNCHO DO DÍA DA PAZ de Quinto Tintureira

24 ene 2024

PAREADOS POLA PAZ

 

    Seguro que estes días vos chamou a atención o novo cartel do atril das escaleiras. Animámosvos a esta nova actividade para gañar un novo selo do voso pasaporte: 

Pedídelle á vosa titora a pegada para facer o voso pareado!

22 ene 2024

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

 

           Como xa sabedes o 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. É unha celebración a nivel mundial coa que se pretende que nos conciencemos acerca de acerca de valores tan fundamentais coma a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humáns a non violencia...        Nós tamén nos preparamos!!!. Esta semana faremos talleres para facer pareados relacionados coa temática da Paz de 2º a 6º e os máis cativos unha palabra. Tamén estamos preparando a canción que cantaremos todos xuntos "Danza da Paz".

18 dic 2023

GUÍA DE LECTURAS PARA TEMPOS FRÍOS

   Sempre nos escoitades falar de que o mellor agasallo é un libro.... e éche ben certo, lévanos a mundos inimaxinables, a coñecer personaxes que nunca soñaríamos nin nos soños ou pesadelos máis rebuscados......, pois ala vai á nosa guía de lectura para este Nadal:

 

5 dic 2023

RECUNCHO DE NADAL NA BIBLIO

     Aquí estamos de volta cunha nova que voa vai encantar:

    XA ESTÁ MONTADO O NOVO RECUNCHO DE NADAL! Podedes visitalo cando queirades! ben no recreo ou na sesión de Biblioteca. Solo tedes que lembrar unha cousiña: 

    MENTRES DURE A EXPOSICIÓN NON PODEDES LEVAR OS LIBROS EN PRÉSTAMO para que os vosos compañeiros poidan desfrutar tamén deles!

 



4 dic 2023

Con N de NADAL

 "Oxalá poidéramos gardar en tarros un pouco de espíritu navideño e abrir un cada mes" 

 Harlan Millar (pensador norteamericano)

     O Nadal é unha das épocas do ano favoritas para os nenos e nenas: recuperamos dos trasteiros esas figuriñas coas que montaremos o tradicional nacemento, os adornos e luminaria que lucirán no abeto e os bonitos ornamentos que colgaremos de portas e fiestras.

      Esperaremos ansiosos a chegada de Papá Noel ou a visita dos Reis Magos, que dende tempos inmemoriais deixan os seus agasallos xunto a un zapato, nun calcetín pendurado da cheminea, debaixo da árbore de Nadal,... tentando cumplir os soños e desexos que cada un de nos esperamos se fagan realidade...

    NA BIBLIO DA MEIGATINTUREIRA TAMÉN ESTAMOS A PREPARAR 

COUSIÑAS....  ESTADE ATENT@S!