9 may 2022

CORTO DE ANIMACIÓN CON OBRADOIRO: " PIP- UNIVERSIDAD CANINA" CREADO POR SOUTHEASTERN GUIDE DOGS

Nestas sesión de Atención Educativa traballamos coa bella historia deste corto, que a algún e algunha lles fixo chorar. E a todos e todas nos axudou primeiro a reflexionar sobre a importancia dos cans e cadelas guía. Pero logo, e sobre todo, sobre a importancia da empatía, achegándonos a realidades diferentes e complicadas. Falamos sobre a importancia de ter ilusións, de non decaer ante os problemas, do esforzo, que nos leva á superación. E compartimos sentimentos, emocións e sensacións que nos provocou o poñernos no lugar da persou ou do can ou cadela, e o ter que confiar neles.
Gustóulles tanto... que tivemos que velo moitísimas veces. 


Obradoiro co alumnado de 5º de E. Infantil.



Obradoiro co alumnado de 6º E. Infantil.
 



CONTO CON OBRADOIRO: "LA TORTUGA POCO A POCO" DE FRANCESC ROVIRA E DAVID PALOMA

 Nestas sesiónS de Atención educativa, reflexionamos e falamos sobre a importancia de facer as cousas pensando no que facemos,  despacio e sabendo esperar. Traballando o esforzo e tendo paciencia. E tamén, nas consecuencias que podemos vivir segundo nós fagamos o que teñamos que facer. Podemos gozar e pasalo moi ben,  ou non tan ben e sufrir un pouquiño. 

Obradoiro co alumnado de 3 anos.







Obradoiro co alumnado de 5 anos.



POESÍAS E DEBATE, CON OBRADOIRO: NA PRIMAVERA ¿HAI UNHA FADA?, ¿É UN FADO?, ¿HABERÁ FADAS E FADOS?

 Nestas sesións co alumnado debatemos sobre estas cuestións, porque ninguén víu nunca aunha fada da primavera, nin a un fado da primavera. E o mundo é tan grande que o mellor hai moitos... Por iso, cada quen fixo o que desexaba, unha fada ou un fado. 

Obradoiro co alumnado de 4 anos.








Obradoiro co alumnado de 5 anos.







CONTO CON OBRADOIRO: A VIAXE DAS BOLBORETAS DE PAULA CARBONEL Y CHENÉ GÓMEZ

Nesta sesión co alumnado de 4 anos, este conto axudóunos a falar da importacia da axuda dos demais e de ser agradecidos polo que fan por nós. 






22 abr 2022

VISITAMOS A SALA ÁRTIKA PARA VER A OBRA DE TEATRO DA "XANELA DE MAXÍN": A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

 Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas.  Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e nenos gozaron, con esta historia, cunha visión dun tema tan natural como a vida mesma, onde apareceron valores como a valentía, o respecto ou a cooperación.


A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

 Este espectáculo foi proposto e patrocinado pola nos ANPA, para todo o alumnado do centro. Da man de Iván Davila,  gozamos con historias tradicionais do medio rural que tiñan como protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. Ensinándonos a coidar e  respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación para a resolución de conflitos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.



7 abr 2022

CONTO CON OBRADOIROS: "EL VIAJE DE LAS MARIPOSAS"

Nestas sesións de biblioteca e atención educativa co alumnado de 5 anos, creamos bolboretas e falamos da sorte de compartir o que temos ou sabemos facer. De que ás veces pedimos axuda e outras, nola piden.






Tamén, imaxinamos como sería a nosa vida sendo unha bolboreta, que cousas nos gustaría ou poderíamos facer.

E para rematar, pensamos e compartimos que, si fósemos bolboretas e puidéramos regalar as nosas ás... ¿a quen o fariamos? e ¿por que?: a unha cama para ter soños voando; a unha casa para viaxar por todo o mundo e non necesitar facer maleta; a un avó que está malito para puidera voar e sentirse mellor, a un irmán porque o queremos moito, a unha mosca para que teña ás máis grandes e poida chegar máis lonxe, a un amigo meu que sempre me fai coxegas para que me ría... Dixeron cousas moi bonitas e interesantes!