Estes días estivemos preparando a celebración do día da Paz, e nas sesións de Atención Educativa e de biblioteca de Educación Infantil, estivemos conversando a partires do que vimos neste relato tradicional cubano. Falamos de a necesidade de aceptar a cada un como é por dentro e por fora, coa súa forma de ser, pensar, sentir ou facer as cousas. Que ninguén é mellor que os demais, que nós podemos ensinar moitas cousas aos demais, pero que tamén podemos aprender deles. E por iso, non debemos esquecer que as diferenzas nos enriquecen, e fan a vida máis sorprendente, diferente e moita veces, máis divertida.
3 feb 2022
UN CONTO PARA A PAZ: "LOS PÁJAROS DE COLORES" - PAKAPAKA (RELATO TRADICIONAL CUBANO)
1 feb 2022
31 ene 2022
19 ene 2022
20 dic 2021
CARTA DA MEIGA TINTUREIRA, PARA PEDIR OS LIBROS DO PROXECTO LECTOR.
Familias, aquí vos deixamos a carta da Meiga Tintureira, cos libros que os nenos e nenas precisan para o desenvolvemento do Plan Lector, deste curso. Nalgúns cursos, agora pídese un e o longo do curso, pedirase o outro.
18 dic 2021
ESTE NADAL, A MEIGA TINTUREIRA PON A NOSA IMAXINACIÓN A VOAR, CUNHA CHEA DE PREGUNTAS E PROPOSTAS...
A nosa Meiga Tintureira ten unha chea de preguntas sobre cousas que quere saber do Nadal. E tamén, apetécelle poñer a nosa imaxinación a funcionar cunha proposta de facer microrrelatos, que comenzan cunhas frases moi divertidas... Dende hai uns días, temos a súa carta nas nosas aulas e nun recuncho da nosa biblioteca, as folliñas coas súas propostas. Animádevos a participar e tamén, podedes facelo durante o Nadal.
CONTO CON DRAMATIZACIÓN E XOGO: UN AGASALLO DIFERENTE DEDE MARTA DE ARRIBA AZCONA E ILUSTRADO POR ROSA OSUNA ALCALAYA
Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 4 anos, a falar sobre os agasallos, nestas datas nas que para eles son tan importantes. E despois de xogar a ser os personaxes do conto e facer o que eles fixeron con trapiño, desenvolvemos uns regalos diferentes. E puxemos en marcha a nosa imaxinación para ver que podían ser aqueles obxectos e tivemos: un peine, unha ducha, unha vasoira de bruxa, un rascador para a espalda, un tambor, uns palillos de música, uns palillos para comer, un paracaidas, un bañador e unha gafas... unha chea de agasallos, que estaban agochados pola nosa aula.