Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 3 anos, a falar sobre os agasallos, nestas datas nas que para eles son tan importantes. E analizando o que pasaba no conto, vimos que calquera cousa pode convertirse no mellor agasallo do mundo. E que podemos pasalo moi moi ben. Por iso, despois... cun trapito xogamos a ser os personaxes do conto.
18 dic 2021
14 dic 2021
INVENTANDO CUENTOS: " A BONECA DE NEVE"
Nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 4 anos, mirando os contos de Nadal da nosa biblioteca, decatámonos de que estaban cheeeeos de bonecos de neve, pero...ningún tiña unha boneca de neve. Que raro!
Pensamos que tamén deben existir, porque se poden facer. e decidimos facer unha cos tapóns que parecían copos de neve e outros doutras cores para facer os accesorios... E logo, a inventar historias para a nosa boneca.
Foi moi divertido, porque ninguén pensaba que a nosa boneca de neve ía ter tantas historias de Nadal para ela soliña, e tampouco que entre todos e todas, ían facer unha boneca de neve... TAN CHULA!
11 dic 2021
8 dic 2021
CONTO CON OBRADOIRO: "UN AGASALLO DIFERENTE" DE MARTA DE ARRIBA AZCONA E ILUSTRADO POR ROSA OSUNA ALCALAYA
Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 5 anos, a falar sobre os agasallos, nestas datas nas que adquiren tanta importancia. E despois de facer un pouco de teatro co conto...
Vimos que ás veces, non nos gustan o que nos dan, ou non nos dan o que pedimos, pero... que se lle damos unha oportunidade ao que temos diante, pode convertirse no mellor agasallo do mundo e podemos pasalo moi moi ben.
Fomos conscientes da cantidade de xoguetes que temos sin necesidade de mercar nada. O único que precisamos é mirar ao nos redor. E descubrimos que todos os obxectos agochan unha chea de xogos e xoguetes, que somos capaces de ver coa nosa imaxinación.


































