Aquí tedes unha recompilación de contos narrados, con pictogramas, animados, contacontos e enlaces a máis páxinas de contos. Só tedes que elixir o conto, e pinchar na dirección que aparece debaixo. Abrirase o conto nunha nova xanela para que poidades escoitalo e velo.
27 abr 2020
UN AGASALLO DA ESCRITORA RAQUEL FERIA PAR OS PEQUENOS!!
Raquel e Olga, escritora e ilustradora, para contribuir a encher de luz estes días grises, decidiron compartir con nos a historia:
EL PIRATA CALAVERA YA NO DUERME EN LA BAÑERA
Trátase dun pirata asustadizo e unha bruxa que lle da medo. Aquí tedes o enlace para descargar o libro gratuitamente.
ESCOITADE OS AUDIOCONTOS CON SOÑANDOCONTOS!!!
Aquí vos deixamos unha recompilación de contos para escoitar que teñen no blog de "Soñandocuentos".
Só tedes que pinchar no enlace que vos deixamos para ir ao blog. Logo elixide o conto, e pinchar no círculo vermello que ten unha frecha branca, para escoitalo. Gozade cos ollos pechados, imaxinando personaxes, lugares, e todo o que escoitedes.
23 abr 2020
OS LIBROS DISFRÁZANSE PARA CELEBRAR O SEU DÍA. FELIZ DÍA DO LIBRO 2020!!!
Mil grazas pola vosa participación e a vosa creatividade. Os contos e libros, eses amigos e amigas con corpo de cartón e papel, vestido de tinta e corazón de palabras, merecen o noso agasallo. Porque son grandes compañeiros de viaxe nas nosas vidas, que nos ensinan mil lugares, situacións e xentes, outras formas de ser, pensar, sentir, soñar, sufrir, reír, festexar, facer. Son realmente unha porta máxica, que non temos que deixar de abrir e cruzar. FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
17 abr 2020
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO? SÍÍÍ !!!
Apúntate á
idea da Meiga Tintureira, para celebrar o día 23 de abril, o DÍA DO LIBRO.
So tes que
disfrazar un libro ou un conto, dun personaxe dos que aprecen neles. Non ten
que ser do libro que escollas para disfrazar. Este so é un soporte sobre o que
vas deixar a túa imaxinación voar. Ese libro ou conto poderá ser a persoa ou
personaxe que ti queiras: un zombi, unha detective, un monstruo, unha fada, unha científica,
un músico, un astronauta, una ladrona,etc.
Anímate e
sorprendenos coa túa creatividade.
Terás que
construír o personaxe, facerlle una foto e enviarlla ao teu titor ou titora ou
a este correo electrónico: mevalle@galicia.com
Aquí vos deixamos un par de ideas...
ANÍMETE E
CELEBREMOS XUNTOS ESTE DÍA, FACENDO ALGO QUE VAI CREAR SOPRESAS E SORISOS.
A MEIGA
TINTUREIRA- QUEDÉMONOS NA CASA.
27 mar 2020
ANÍMATE A CREAR UN COMIC!!!
Para facelo premede neste enlace:
Mi primer comic con sallybooks
Vai saír esta pantalla. NON TEDES QUE DARLLE A INICIAR SESIÓN. So tedes que clicar no símbolo que marco dentro do círculo vermello, para ver a pantalla enteira.
E xa podes darlle á roda do ratón ou a barra lateral da dereita, para ir lendo e vendo como facer o teu comic.
QUÉDATE NA CASA CREANDO!!
24 mar 2020
ALGÚNS RECURSOS PARA ESTAR MELLOR NA CASA!!!
Dende a biblioteca da Meiga Tintureira
queremos que, este tempo que imos pasar nas nosas casas, vos resulte máis
divertido e doado. E por iso, o longo destes días subiremos recursos de
lectura, contos, audiocontos, paxinas para achegarse a recursos gratuítos, etc.
Todo o que atopemos para que podades vivir aventuras, viaxar, coñecer, sentir,
soñar...pero dende casa. Aquí van os primeiros e esperamos que vos gusten.
A
Meiga Titureira e os profes, Botámosvos moito de menos. Pero sabemos, que
pronto na nosa biblioteca imos escoitar os vosos pasos as vosas risas,
seguiremos aos vosos ollos buscando libros e veremos ás vosas mans rebuscando
libros e contos.
Ánimo!
Todo vai saír ben!.
7 mar 2020
2 mar 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























