Estamos de estreno estes días! Temos unha nova sección dentro da biblio que ten moito que ver co noso proxecto. Que será, será? Pois unha sección adicada a CONTOS SOBRE ANIMAIS DO BOSQUE!
Nela podedes atopar diversos contos que teñen como protagonistas lobos, mouchos, esquíos, diversos paxaros... e un sinfín de animais que viven nos nosos montes e que esperan que disfrutedes das súas aventuras.
Esperamos que vos guste.
Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
17 ene 2019
16 ene 2019
RECUNCHO SOBRE A PAZ
A nosa amiga, a Meiga Tintureira, volveu facer das súas!
Unha vez máis chegamos a escola e atopamos novos carteis nas diferentes entradas do colexio e da biblioteca!
Esta vez, deixounos na biblio un novo recuncho sobre a PAZ, no que podemos atopar diversos contos e libros sobre a vida de personaxes destacados coma: Malala, Gandhi, Mandela, María Teresa de Calcuta... ademais de obras literarias relacionadas coa amizade, os valores, etc.
Un recuncho para aprender e disfrutar cos nosos compañeiros e compañeiras, onde a importancia do respecto e solidariedade queda latente.

Camiñando cara a PAZ
“Un niño, un profesor, un libro y una pluma pueden cambiar al mundo. La educación es la única solución” (MALALA)
Como xa sabedes o vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Tendo como obxectivo a educación na tolerancia, solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Neste día os centros educativos sirven como instrumento da paz e do entendimento entre persoas de distinta formación, raza cultura e relixión.
E para ir abrindo boca...aquí tendes diversos enlaces que poden ser do voso interese para investigar sobre diversas persoas que co seu esforzo e dedicación intentaron facer deste mundo, un mundo mellor:
Para os máis pequechos...unha pequena poesía sobre a PAZ da grandísima Gloria Fuertes titulada "Solo tres letras":
Cun pequeno reto final! A ver se averiguades cantas veces aparece a palabras TRES na poesía?
Por último, as ansiadas cancións que imos cantar xuntos no DÍA DA PAZ:
Agora toca practicar e practicar moito!
Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
26 dic 2018
GUÍA DE LECTURAS PARA TEMPOS FRÍOS.....
Un ano máis aquí estamos de volta coa nosa Guía de lectura recén editada para que teñades, se o considerades, unha nova proposta de lecturas para este Nadal. Este ano decidimos cambiar e facer un monográfico sobre o tema no que estamos liados este curso, xa sabedes: BOTÁMONOS AO MONTE....Unha guía sobre árbores, contos E POEMAS relacionados cos bosques, ....para amar e coñecer o noso medio.
21 dic 2018
BO NADAL!
Con estas nubes de palabras, a Meiga Tintureira deséxavos un BO NADAL a todos os nosos lectores e lectoras!
Esperamos que disfrutedes en moi boa compañía destes días e que non falte un conto, un libro co que poder soñar e imaxinar un mundo mellor!
Esperamos que disfrutedes en moi boa compañía destes días e que non falte un conto, un libro co que poder soñar e imaxinar un mundo mellor!
12 dic 2018
3 dic 2018
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa finalidade de mellorar as medidas e accións destinadas ás persoas con discapacidade e favorecer a igualdade de oportunidades de todos e todas.
Os alumnos e alumnas de 2ºA e 2ºB aproveitaron a hora de ler para visualizar o videoconto titulado “El cazo de Lorenzo”.
Nel descubriron que todos e todas temas un “cazo”, máis grande ou máis pequeno, de diferentes materiais, de diferentes cores, por diferentes motivos...que nos acompaña sempre e que, non só debemos aprender a vivir con el, senón que pode ser o noso trampolín para chegar máis alto.
Se pinchades no título do conto poderedes disfrutar desta fermosa historia. Esperamos que vos guste!

29 nov 2018
CHEGARON OS CONTOS DE NADAL!
Esta semana recibimos unha nova mensaxe da Meiga Tintureira a través de diferentes carteis situados nas entradas da escola e da biblioteca!
Moi entusiasmados e entusiasmadas descubrimos na biblioteca un novo recuncho con contos sobre o Nadal e a súa maxia.
Entre eles podedes atopar títulos coma: “Os tres Reis Magos de Oriente”, “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”, “Mi libro de adviento”, “Feliz Navidad, Mauro”, “Feliz Navidad”, “El pequeño dragón Coco y Papá Noel”, “O Nadal de Ernesto e Celestina” e...moitos máis que todavía están de camiño, xa que esta Meiga Tintureira non para! De onde virá tan cargada?
Animádevos a disfrutar deste novo recuncho cheo de cores, ilusión e de soños!
Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
26 nov 2018
25 nov 2018
25 de novembro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa finalidade de denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e abordar os esteriotipos de xénero.
Para conmemorar esta data, aquí tendes unha serie de contos que reivindican o rol feminino na sociedade, rompe cos esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

Non deixedes pasar a oportunidade de ler cos vosos fillos e fillas, analizar e comentar as diversas situaciòns que se amosan nestes contos!
23 nov 2018
BUZÓN DE SUXESTIÓNS
Xa temos en marcha o noso buzón de suxestións!
Animádevos a escoller unha das papeletas e facer da biblioteca un espazo mellor coas vosas propostas de lectura e ideas.
Para iso recordade ter en conta o seguinte código de cores:
- AZUL, para as propostas de mellora en relación coa organización e funcionamento da biblioteca.
- AMARELO, para propoñer diversas actividades que pensas que poidan ser interesantes.
- VERDE, se desexas que merquemos algún conto ou libro que teñas moitas ganas de ler.
Un saúdo da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

12 nov 2018
AXUDANTES DA BIBLIOTECA
Un ano máis continuamos coa colaboración do alumnado de 5º e 6º na biblioteca!
Para o presente curso contamos con 37 alumnos e alumnas que, durante os recreos, estarán para resolver as vosas dúbidas sobre: o catálogo, o préstamo, os xogos, recomendacións, etc.
Estade moi atentos e atentas porque tamén realizarán diversas actividades de dinamización das que poderedes disfrutar próximamente.
Unha sorte poder contar con todos vós e poder facer da biblioteca un espazo de unión, interese e disfrute.
Velaquí os tendes!
"Mucha gente pequeña, en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo" (Eduardo Galeano)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)