14 may 2014

PENÉLOPE

 Noraboa aos que acertastes! PENÉLOPE é o nome de muller que dá título ao poema de Díaz Castro máis coñecido.
Por se queredes lelo de novo...


PENÉLOPE

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!






13 may 2014

SEGUIMOS DE CONCURSO


Destes coa resposta á pregunta do luns? Pois si, o título do único libro que publicou Xosé Mª Díaz Castro é NIMBOS.

12 may 2014

CONCURSO " XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO"

Aquí tendes a resposta correcta á pregunta do venres 9 e, como aínda estades a tempo, tamén a pregunta para o sorteo de mañán martes.

10 may 2014

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014


Anímate!  Aproveita todo o que sabes sobre Xosé Mª Díaz Castro e participa no concurso deste ano.
Os afortunados e afortunadas que respondan correctamente a pregunta de cada día recibirán un agasallo. Lembra que o sorteo farase na hora do recreo. Boa sorte!

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO




 Prepáramonos de novo para celebrar o Día Das Letras Galegas e , para que saibades máis do  homenaxeado, aquí deixamos un libro Lim elaborado polo alumnado do CEIP Condesa de Fenosa de Valdeorras. Ao premer na foto de Xosé Mª Diaz Castro atoparedes unha pequena biografía e actividades para coñecelo mellor.

29 abr 2014

DÍA DO LIBRO


Para commemorar o Dia do Libro...  que mellor que COMPARTIR lecturas! Así o fixeron os maiores cos pequenos do colexio como se pode comprobar nesta reportaxe fotográfica.



27 mar 2014

SEMANA DA POESÍA

Os días 25, 26 e 27 de marzo celebrouse no colexio a Semana da Poesía coa participación de todo o alumnado. Aproveitamos para lembrar o aniversario de Antonio Machado e tamén para recitar e cantar poemas sobre o mar.

 



21 feb 2014

VISITA DA ESCOLA INFANTIL "LÚA"

Entre as actividades realizadas para celebrar a visita do alumnado de dous anos da Escola Infantil Lúa, destaca a estancia na nosa biblioteca onde disfrutaron da visita dunha pirata moi especial.


18 feb 2014

CONTACONTOS

Os nenos e nenas de Infantil disfrutaron na biblioteca dun magnífico contacontos: O Señor Gravata Torta.

3 feb 2014

TEATRO PARA A PAZ

O grupo de teatro do colexio, co gallo do Día da Paz representou a obra titulada "Líos no parque" ( ¡Con grande éxito de crítica e público!)

2 dic 2013

POR CERTO, VICHES ALGUNHA VEZ COMO SE SOPRA O VIDRO?

        Non me extraña que Elenita quixera ser sopradora de vidro... aquí vos deixo este vídeo para que poidades ver como se traballa con esta curiosa sustancia que parece plastilina....a verdade que oficio perigoso, dende logo, pero moi fermoso tamén.

25 NOVEMBRO, UNHA DATA A TER EN CONTA


           Durante esta semana, o alumnado de primaria  e 6º de Ed. Infantil disfrutou na Biblio do conto de ELENITA un fermoso libro de ed. Kókinos escrito por Campbell Geeslin.... e ilustrado por Ana Juan,  premio Nacional de Ilustración 2010.

       Elenita quería ser sopradora de vidro, igual que seu pai, pero....QUEN ESCOITARA FALAR DE QUE UNHA NENA POIDERA SER SOPRADORA DE VIDRO? Polo que a Elenita non lle quedou outra que viaxar a Monterrey onde estaban os mellores sopradores de vidro do país..... para acadar o seu soño....somentes había un problema... que ELENITA ERA UNHA NENA.... nun mundo de homes.