25 oct 2013

INAUGURAMOS!!!!!


Os vindeiros 28, 29 e 30 de outubro!!!

19 oct 2013

COMENZAMOS....COMENZAMOS.....!!!!!!

           Un ano máis estamos de volta, xa sabedes, como é habitual,  entre o día 24 de outubro, día DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES,  e o DÍA DE SANTOS, facemos a inauguración e este ano baixo e lema:

" NAVEGANDO POLO MAR... 

ESTE ANO TODOS/AS A REMAR "

          Mirade, Mirade... que mural máis fermoso temos na entrada da Biblioteca  para ilustrar o tema deste ano:
 

          O mural é obra de Aarón Fernández Martínez, un xoven ilustrador estudiante de Belas Artes, deixovos aquí a xénese do mural, para que vexades como se foi facendo:

15 oct 2013

UNHA BOTELLA NO MEDIO DO OCEANO !!!!!!


         Non sabemos moi ben como, pero apareceu no cole unha caixa un pouco estropeada na que viñan unhas botellas, que parecían conter unha mensaxe dentro delas. Pepé, o noso conserxe,  foi quen deu o aviso de que chegara o paquete, e como se trataba de nove botellas que, por enriba, levaban o logo da nosa benquerida MEIGATINTUREIRA ..... estaba claro que se trataba dunha mensaxe para cada unha das clases. Fantástico, xa estabamos ansiosos e nos preguntábamos que sería dela este curso despois do caluroso verán.

          Aquí vos deixo a súa carta en formato libro ilustrado... vede, vede... este verán sí que o pasou de medo!!!:


28 may 2013

COMO SELECCIONAR UN LIBRO ? DE VERDADE HAI UN LIBRO PARA CADA LECTOR/A ?

           Uns pequenos consellos para aquelas familias que queiran mercar un libro para os seus pequenos, ou tamén uns consellos para calquera que queira agasallar cun libro, clica na imaxe

 

Seguindo estas indicacións... aquí vos deixamos a nosa

 guía de lecturas para este verán 2013:

   <div data-configid="1491149/5648724" style="width: 525px; height: 185px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>



27 may 2013

O LIBERESPACIO


"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños, comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura, nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo, moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre." Carlo Frabetti

 O ilustrador Andrés Meixide, foi o creador deste "pase ao liberespazo", destinado aos lectores e lectoras. Estes poderán ir recollendo as súas "viaxes" polos libros e, a través do visado da biblioteca (que dá fe destas viaxes), acadar a categoría de "libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo" . (Blog BE galegas)

O alumnado do noso centro participou  nesta proposta para cubrir o seu pase ao liberespacio:
 

RVB Letras Galegas 2013

         Participa no concurso !!!! e levaras de agasallo........ xa o verás..... a que non o imaxinas? 
Cada día haberá unha pregunta diferente e na hora do recreo poderás saber quenes foron os acertantes.

 


29 abr 2013

PARA CELEBRAR O DÍA.... DO LIBRO


         Unha proposta moi orixinal para celebrar todos xuntos o días do libro este ano 2013. Todos/as ao patio a compartir lecturas, sen importarnos as idades, e esta vez foron as profes dos diferentes ciclos e especialidades as que se prestaron a ser elas mesmas personaxes de contos. E o mesmo que no caso do Flautista de Hamelín, foron correndo detrás de cada un dos personaxes dos seus contos. Vede, vede.....




11 abr 2013

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


ABRIL, MES DOS LIBROS. De feito iredes vendo en multitud de lugares de ámbito cultural diferentes referencias a esta frase. Para comenzar mirade que cartel máis fermoso.



        A IBBY declarou o 2 de abril Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. 

        Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.

Lemos xuntos, ti e  máis eu.

Vemos que as letras forman palabras

e as palabras convértense en libros

que estreitamos nas nosas mans.

Oímos susurros

 e ríos bulliciosos nas  sús páxinas,

osos que cantan

graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos

e das nosas mans suben ata as nubes

árbores florecidos. Vemos nenas valentes que voan

e nenos que atrapan as estrelas.

Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,

recorriendo el mundo con la alegría en los libros
                                                          
                                                                                      Poema de Pat Mora
       E como nesta data celebramos o necemento do excritos danés  H. Christian Andersen aquí vos deixo un dos seus contos  en versión animada,  trátase do titulado  " O VELLO FAROL " .
Disfrutádeo !!! :

9 abr 2013

INTERDISCIPLINARIEDADE E BÚSQUEDA DOCUMENTAL

        O alumnado de 3º está traballando na aula de ed. musical cunha canción do disco de Susa Herrera: " En Cabárceno se oye cantar " acerca dun animal moi coñecido nos escasos espazos  de auga, nos desertos... O DROMEDARIO e a partir del realizouse un traballo  de investigación e búsqueda documental na Biblioteca Escolar partindo do seguinte soporte en papel:



13 mar 2013

MÉRCORES LECTORES COS CINCO

      A nosa compañeira Raquel, foi a protagonista do mércores lector desta semana. Presentou una obra que case que todos/as limos cando eramos moi pequenos, fai unha ceha de anos. Esta colección estase a editar de novo e segue tendo os seus seguidores, como é o caso de Raquel de 6º que os está a leer todos.Trátase da colección de Los cinco da autora inglesa Enid Blyton polo que o seu título orixinal foi : The Famous Five. Foi escrita nas décadas dos anos 40, 50 e 60 do século XX onde se converteu na colección de literatura xuvenil  máis famosa daquela época.

Grazas Raquel pola túa colaboración.!!!

          Animádevos e pedídelle á profe Mª José para anotarvos e presentar al vosas suxestións lectoras, aqueles libros que máis vos gustan e queredes compartir cos vosos compañeiros/as.


10 mar 2013

8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DA MULLER.

        Célebres cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, dende China ata Costa Rica, dende Malí a Malasia, mulleres e homes, para facer esta mensaxe de unidade e solidaridade: somos “One Woman”, unha soa muller. 
        Esta canción,  presentarase no Día Internacional da Muller, o 8 de marzo de 2013. Este ano, o Día Internacional da Muller centrase en poñer fin á violencia contra as mulleres. Como dice la canción, “We Shall Shine!”,  esperanos un futuro radiante.  


7 mar 2013

TEATRO NA BIBLIO.

         Onte recibimos no centro a visita dos  neno/as de 2 anos da Escola infantil Lúa. Coma xa empeza a ser costume a Bilioteca tamén colabora con esta xornada de convivencia cunha pequena obra de teatro. Este ano tratouse dunha adaptación do conto " Coelliño branco " da editorial Kalandraka. Unha sinxela, pero simpática obriña que pola atención prestada encantoulles a todos.

       Deixámosvos aquí tamén outra versión do conto a ritmo de rap cantado polo alumnado do ceip de Coirón Dena: