13 ene 2013

OUTRAS BIBLIOTECAS...

          Claro que nos encanta a biblioteca da Meigatintureira, pero aquí tedes outras doutras cidadades máis grandes e dende logo impresionantes:

  

10 ene 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013

           A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar un calendario para este ano 2013 onde aparecen as datas máis considerables para celebrar ao longo do ano 2013. Nel terán lugar diversos aniversarios significativos para a literatura galega e conmemoracións habituais arredor do libro e da lectura.
.          Un fermoso cartel que nos acompañará durante este ano que comeza!!!



18 dic 2012

NÓS TAMÉN NOS SUMAMOS

        Inda que non é un tema específico nin de libros, nin  de Bibliotecas escolares, a primeira vista. Dende a Biblioteca da Meigatintureira tamén nos sumamos áo blogue do noso compañeiro de 4º " Eh profe! " e enlazamos este spot publicitario de Cáritas:

 
            E queredes saber por que? pois porque é responsabilidade de todos que o noso alumnado sexa competente na lectura en diversos soportes, e por suposto no audiodixital: O noso alumnado ten que aprender a leer nos medios, a saber que queren expresar, a ser crítico con eles.
          
            Entre todos/as podemos facer que as cousas sexan diferentes, que cambien, que sexan mellores, ahí está esa campaña de recollida de alimentos do cole para Cáritas. So fai falla que  miremos ao noso arredor, seguro que podemos botar unha man. E non so no Nadal.

17 dic 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Aquí chegan as suxestións lectoras da Meigatintureira:




12 dic 2012

12 DO 12 DO 12 ÁS 12 E 12

        Que qué é esto?  pois é que as veces hai días especiais, por cousas varias e a de hoxe xa é casualidade. Esta mañá cando puxéchedes a data nas libretas de clase seguro que vos decatáchedes:

12-12-12. 

       Unha data irrepetible. Para celebralo o profe Luis convocou a través do seu blog á súa clase para celebralo na Biblioteca, a voz correuse e ao final éramos unha chea deles/as. Para preparar os ánimos, un conto: "El elefante no puede dormir " de Ed. Blume, un  fermoso conto tradicional chino.



2 dic 2012

MARILUZ A AVESTRUZ...

MARILUZ, QUE NON MIRA A LUZ,

MARILUZ A AVESTRUZ !!

Os pais de Enma de Infantil de 3 viñeron a contarlles aos seus compañeiros o conto de " Mariluz, a avestruz " de Rachel Chaundler con ilustracions de Bernardo Carvalho de OQO. Mirade que fermosa Avestruz nos trouxeron e ata unha pegatina coa protagonista nos deixaron. Para os que queirades lembrar o conto, con canción incluida, desta presumida avestruz que para non desfacer a súa cola durmía coa cabeza enterrada, podedes velo a continuación:





VISÍTANOS O BARDO ABELARDO

        
Sabedes que é un Bardo? Unha persoa que dende a antigüedade vai dun lugar a outro contando e cantando historias.. un personaxe casi desaparecido na nosa sociedade pero un dos poucos que quedan, O Bardo Abelardo, visitou a nosa Biblioteca e os rapaces e rapazas de Ed. Infantil pasaron un rato moi entretido cos seus contos, cancións...


25 nov 2012

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un deses dias que non deberan estar no calendario, non é un día precisamente para lembrar porque teñamos algo que festexar, senón todo o contrario. Ben certo é que coa educación podemos facer que o noso entorno, o noso mundo sexa un pouquiño mellor. A nosa aportación neste día vai ser unha adaptación do conto de Adela Turín e Nella Bosnia: ROSA CARAMELO reeditado por Kalandraka.


    A historia dunha pequena elefantiña que vive nunha manda de elefantes e elefantas que viven de maneira separada e fan cousas diferentes: os elefantes son grises, comen herba verde, dúachanse no ría..... as elefantas son rosas, non comen herba verde..... e están encerradas nun valado onde comen unha flores que non lles gustan nada.....
Non vos vou contar o final!

     Aquí vola deixo, narrada polas vosas compañeiras Carla, Irene, Lía e Uxía de 5º. Primeiro disfrutarémola na Biblio na Hora de lectura para os diferentes cursos durante esta semana.



Caderniños para traballar nos diferentes ciclos:
                                                          
                                                                                                      
                                                                                                                                                                       

23 nov 2012

VAIA AMBIENTILLO...



Abrimos na hora do recreo, xa sabedes para facer o préstamo de materiais,
para ver e disfrutar sós ou en compañía.... por ahí andan os nosos recén 
estrenados axudantes dispostos sempre a botar unha man....

22 nov 2012

USO RESPONSABLE DO MÓVIL E O PORTÁTIL

           Dous videos moi clariños que nos dan unha serie de consellos básicos acerca da utilización deste dosu dispositivos cada ves máis frecuentes nas nosas vidas e nas dos que nos rodean. Vede atentamente e tomade nota.  
TECNOLOXÍA SÍ, PERO CON SENTIDIÑO!!!


 

13 nov 2012

VOLTAMOS COAS PILAS CARGADAS...

         Coma sempre A CITA das BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS con maiúsculas, un punto de encontro con compañeiros/as doutras Bibliotecas escolares,  sempre unha oportunidade de aprender dos que saben moito e dos que empezan, de renovarse, sobre todo de COMPARTIR ( palabra que coñecemos ben as persoas que traballamos nas BE). 

         Incrible máis de 1.000 mestres e mestras, profesores e profesoras de ensino público de primaria e secundaria reunidos no seu tempo libre para reflexionar e aprender, e máis nos tempos que corren, nos que parece que cada un anda ao seu. Algo misterioso teñen as asesoras Pilar Sampedro, Cristina Novoa e Leonor Mazaira. Grazas polo voso esforzo e traballo en darnos o mellor para a nosa formación e a oportunidade de entrar en contacto cos personas da categoría dos ponentes que traedes ano tras ano. Outra vez GRAZAS!!!.
.