13 nov 2012

VOLTAMOS COAS PILAS CARGADAS...

         Coma sempre A CITA das BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS con maiúsculas, un punto de encontro con compañeiros/as doutras Bibliotecas escolares,  sempre unha oportunidade de aprender dos que saben moito e dos que empezan, de renovarse, sobre todo de COMPARTIR ( palabra que coñecemos ben as persoas que traballamos nas BE). 

         Incrible máis de 1.000 mestres e mestras, profesores e profesoras de ensino público de primaria e secundaria reunidos no seu tempo libre para reflexionar e aprender, e máis nos tempos que corren, nos que parece que cada un anda ao seu. Algo misterioso teñen as asesoras Pilar Sampedro, Cristina Novoa e Leonor Mazaira. Grazas polo voso esforzo e traballo en darnos o mellor para a nosa formación e a oportunidade de entrar en contacto cos personas da categoría dos ponentes que traedes ano tras ano. Outra vez GRAZAS!!!.
.          

12 nov 2012

OUTRO BLOGUE NA NOSA ESCOLA

           Dende o blogue da Meigatintureira a nosa noraboa por este recén esteado blogue da aula de 4º.
      Recomendámovolo deixovos aquí un enlace e outro permanente, na parte dereita deste blog poñémosvos un enlace.

      Os blogues serven para comunicar e este ben seguro que este será unha boa mostra, como dice o profe Luis, o seu creador aludindo ao título do mesmo e ao seu contido:
      " Esta é a expresión que máis se escoita na clase. Sempre hai alguén con algo que contar, preguntar ou comentar. E moitas veces non hai nin tempo para contestar. Ao mellor este sitio serve para iso: para falar das nosas cousas con tranquilidade e compartir o que nos pareza interesante, curioso, divertido..."
         BENVIDO A ESTE MUNDO DA BLOGOSFERA!!!!!!

8 nov 2012

UN CONTO PARA INAUGURAR E PARA ESCOITAR


           Así comenzamos este curso celebrando o aniversario da Meigatintureira e o seu agasallo para todos os nenos/as do cole foi un conto que tamén fala dos aniversarios e das árbores, da súa memoria. Una presentación en power point acompañada dunha fermosa música ao piano de Marcial del Aladid, unhas ilustracións de Kiko da Silva e texto de Neira Cruz.. 
         Un conto que comenza así :

" Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a semente dunha árbore, dun baobab? Ha medrar canda ti?, dixéronlle, e foi pasando o tempo. Cando Tano cumpriu cinco anos, ..."
             Logo, coma en todos os aniversarios, cantamos e comemos pastel de aniversario como no conto de Tano e Baobab. E como non cantamos en varios idiomas. ¿ queredes lembralo ?, pulsa na tarta:

ANIVERSARIO FELIZ, ANIVERSARIO FELIZ.....

         
           E que a MEIGATINTUREIRA se siga quedando con nós por moitos anos máis, oficialmente dende o curso 2007-08 que o colexio entrou no PLAMBE (PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación). Xa pasaron 5 anos, quen o ía dicir! Gracias por todos estos anos cheos de lecturas e bos momentos!! e por suposto grazas a todo o profesorado  pola vosa colaboración e  a Comunidade Educativa en xeral que fixéchedes posible poder chegar ata este punto!!! polo voso apoio e animosidade!!!

7 nov 2012

LER PARA VER: IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


           Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela, as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos.
          O lema destas xornadas, LER PARA VER recolle a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, dos medios polos que se transmite información na sociedade actual, unha sociedade na que a información se transmite fundamentalmente a través das redes sociais, o móvil, video...

28 oct 2012

A TAN ESPERADA CARTA

          Este ano viu o carteiro e deixounos algo moi raro na estrada do cole. Tratábase duns rolos como se fosen pergaminos antiguos da Idade Media ou algo así. Cada un deles levaba unha etiqueta e uns selos moi raros, como se fosen doutros paises. Nunha das partes aparecía o nome da clase onde tiña que ser entregado.

             O misterio non  era outro que a carta que a Meigatintureira nos envía todos os anos por estas datas:
         Se queres lela, preme na pergamino:


             O que si nos quedou claro é que a Meigatintureira ten ganas de festa este ano xa que o lema que elexiu e:
"FESTEXANDO, FESTEXANDO... 
O ANO VAI PASANDO"

XA CHEGA, XA CHEGA......



          Xa está aquí, un  ano máis a nosa amiga a MEIGATINTUREIRA  despois dun longo e descansado verán pola súa parte... Xa sabedes o moito que lle gusta viaxar.
              Nun ano no que o lema que se presenta no mes das bibliotecas escolares é " A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro ", nós intentaremos aportar o noso granciño de area. 


14 jul 2012

150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE KLIMT

Gustaw Klimt foi un pintor de estilo modernista nacido en Viena do que se cumple hoxe, 14 de xullo, o 150 aniversario do seu nacemento. O seu peculiar estilo, moi ornamentado e de inspiración fundamentalmente feminina, converteuno no pintor austríaco máis famoso do seu tempo. Podedes ver aquí alghunas das súas obras máis fermosas, observade e disfrutade delas:


DÉCIMO ANIVERSARIO DA NOSA REVISTA ESCOLAR " O RECHOUCHÍO "

      Non é ningunha leria chegar a un X aniversario cos tempos que corren na actualidade, pero grazas ao empeño do Equipo de profesores e profesoras do colexio e coordinados polo Equipo de Normalización Lingüística un ano máis viu a luz a pesares dos recortes. Eso sí este ano foi imposible poder facela en formato papel como viña sendo tradicional para agasallar as familias en fin de curso. Os recortes que tristemente tamén chegan a ámbitos tan fundamentais como a Educación.


11 jun 2012

ALFIN NA BE

A que vos preguntades de que se trata todo este lío? Pois nada menos que das iniciais de ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL que é o que facemos na nosa Biblioteca Escolar cos seus  usuarios/as  que son na sua maioría o noso alumnado.

VALENTÍN PAZ ANDRADE VISTO POLO ALUMNADO DE 5º

Un pequeniño traballode investigación sobre o personaxe homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Decidimos facer unha montaxe e aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.