12 may 2010

LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA



Aquí está, un ano máis, o DIAS DAS LETRAS GALEGAS, como sabedes, adicado a Uxío Novoneyra, un poeta vencellado de forma especial á súa terra: O Courel. O noso alumnado está a preparar unha obriña de teatro baseada no seu conto : Ilda, o corzo e o xabarín. Subirémola ao blog para que a poidades ver.

Dende todas as escolas de Galicia estase a traballar arreo nestas datas. Enlazamos algunhas páxinas que poden ser de utilidade así como outras presentacións que xenerosamente puxeron á disposición de todos dende outras Bibliotecas Escolares galegas e dos ENDL.

Dende o Ceip Otero Pedraio poñen á nosa disposición unhas UNIDADES DIDÁCTICAS para E. I. e Primaria(premede no enlace):


Dende o IES de Arzúa unha fermosa homenaxe dende a FLORA DO COUREL:


Dende o CEIP Condesa de Fenosa do Barco este LIM LETRAS GALEGAS 2010 ( Libro Interactivo Multimedia) para facer dende o propio ordenador:



A PROPÓSITO DAS LETRAS ...." O FALAR DAS FADAS "


Ese é o título dun dos poemas de VALENTÍN LAMAS CARVAJAL ( poeta e xornalista galego, precursor do Rexurdimento e un dos fundadores con Manuel Murguía da Real Academia Galega) un fermoso poema en prol da nosa língua, " ESA FALA MELOSIÑA, ....... O FALAR DAS FADAS " publicado en Ourense no1880, cando a nosa língua se menospreciaba:

Fálame nesa fala melosiña
que celestiales armonías ten;
fálame na linguaxe da terriña
se é que me queres ben.
......
Xa de neno, esa fala melosiña,
o meu feitizo, a miña gloria foi;
fálame na linguaxe da terriña
se é que me tes amor.
(preme sobre a imaxe arriba para continuar lendo parte do poema)

11 may 2010

CONCURSO " O MUNDO DO CÓMIC "

Hoxe na hora do recreo fixemos o sorteo dos gañadores/as do concurso iniciado coa exposición do Cómic. Nel participou o alumnado do segundo e terceiro ciclo. O agasallo que lles tiña preparado a MEIGATINTUREIRA consistia nunha mochila da HORA DE LER e unha libreta co lema " BIBLIOTECAS ESCOLARES, ESPAZOS DE LECTURA". O alumnado que participou tamén levou un pequeniño agasallo.
Dende aquí dámosvos as gracias aos que participastes e aos profesores que os animástedes a facelo e por suposto:

NORABOA AOS GAÑADORES/AS !!!

ALBA e MARTA de 5º
SAÚL e MIGUEL de 6º

5 may 2010

DIARIO DE GREG NA BIBLIO

Continuamos en marcha coa experiencia dos MÉRCORES LECTORES, esta vez protagonizada por Roi de 3º que nos presentou as aventuras dun neno moi curioso, Greg, ao que lle acontece un día .... non vos conto máis, xa escoitáchedes a Roi, ánimo e a ler o libro. Deixámosvos tamén un enlace para saber máis cousas sobre o mundo de Greg, os seus amigos, os libros, xogos...


ANIMACIÓN Á LECTURA: PIOLLO E PULGA

Cansada de facer sempre o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe pasará por montañas, desertos, chairas... fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes... É a proposta da editorial OQO para os rapaces de 1º e 2º de E.P. que se decidiron a acompañar a pulga na súa viaxe, vente con nós e disfruta tí tamén como o fixeron eles:


4 may 2010

OBRADOIRO DE PLÁSTICA CREATICA: CADERNO DE MINIMALISTA.

O pasado venres 30 de abril o alumnado de 5º participou no OBRADOIRO DE PLÁSTICA CREATIVA Q ninpintado! a partires da idea orixinal do libro " CADERNO DE MINIMALISTA " de Antón Fortes e Maurizio A.C. Quarello de OQO editora. Tratábase de transformar algunhas obras de artistas das vangardas como Magritte e Wharhol cambiando os orixinais protagonizados por persoas en animais, como fixera o ilustrador do libro. A ver que vos parecen as nosas obras:

25 abr 2010

23 DE ABRIL: O MUNDO DOS CÓMICS

Foi o tema elexido este ano para celebrar o Día do Libro no noso centro. Fixemos unha exposición monográfica sobre " O MUNDO DO CÓMIC " ( coa colaboración do departamento de Plástica do CPR de Mondariz) con paneis informativos acerca das orixes do cómic, os personaxes, os superheroes, curiosidades, publicacións españolas, os inventos do TBO... Esta parte foi completada cos exemplares cedidos polas familias para a exposición que montamos paralelamente na Biblioteca na que podedes ver cómic español, europeo, americano, manga... con exemplares de casi cincuenta anos de antigüidade. Dende o Equipo de Biblioteca agradecémosvos unha vez máis a vosa colaboración. A exposición complétase con xogos de mesa (laberintos, puzzles, sopas de letras, memoris, tres en raia...) que estarán dispoñibles para o alumnado e profesorado na Biblioteca mentras dure a exposición. Completarase a mesma cun concurso, xa en marcha, para segundo e terceiro ciclo.


Se queres dar un paseo virtual pola exposición clica na palabra inferior:

23 abr 2010

OS MÉRCORES LECTORES


Así se chama esta nova experiencia relacionada coas letras, a lectura e o mundo dos libros. Os mércores na hora do recreo non facemos préstamo e os nenos e nenas que queiran poden ler, recitar, presentar os libros que están a ler e que lles gustan... Este mércores animouse Andrés de 6º e presentounos o libro: " EL HOMBRE DEL TRAJE BLANCO " de Herikberto M.Q. da Ed. Anaya.

Xa sabedes que vos podedes ir anotando,
xa temos voluntarios para o vindeiro mércores !!!
tamén o podedes facer en parellas ou en grupo!!!
ANIMÁDEVOS !!!


22 abr 2010

WEBQUEST SOBRE O DIA DO LIBRO




Aquí tedes una webquest para traballar sobre o Día do Libro e tamén para disfrutar aprendendo:



OS ILUSTRADORES E OS LIBROS


Xa sabedes a importancia que teñen os/as ilustradores/as dos libros, as veces incluso hai libros que so teñen imáxenes e non precisan das letras para contarnos historias, outras teñen ilustracións do propio autor..... e as veces outra persoa diferente se encarga de poñer as imaxes.
A continuación podedes esta unha fermosa presentación titulada "ILUSTRANDO A LECTURA" recopilada pola compañeira Julia González do ceip Mestres Goldar, premede no enlace:



18 abr 2010

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

O 23 de abril de 1616 morrían Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare, por eso a UNESCO elexiu esta data para homenaxear a nivel mundial ao libro e aos escritores. Este ano elexiuse este fermoso cartel para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, clica enriba del para averiguar máis cousas sobre este día:


ENCONTROS DE COORDENADORES DE BIBLIOTECAS DO PLAMBE 2010

Os días 15 e 16 de abril celebráronse Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 2009/2010. A el asistimos as casi 300 (son 299 na actualidade) persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os encontros tiveron como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar: o papel que xogan hoxe en día estas bibliotecas nos centros educativos e as posibilidades que ofrecen para educar a un alumnado que medra na sociedade da información. Entre os temas que se trataron estiveron a lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, entre outros. Dende aquí damos as grazas a Cristina Novoa e Pilar Sampedro polo entusiamo que poñen no seu traballo e aos ponentes sin olvidar aos asistentes ao encontro que contaxian as súas ganas de traballar e loitar por este mundo das Bibliotecas Escolares, dende aquí moitas e repetidas grazas.