18 abr 2010

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS


ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS é a obra máis coñecida do autor británico Lewis Carol publicada en 1965. Podes descargar a obra en formato PDF cliqueando no título da mesma ao principio deste artículo. Tamén podes ler na Biblioteca unha versión para os máis pequenos que publica a revista LEO- LEO, está nos andeis das revistas.

A primeira versión da película en formato cinematográfico foi do ano 1903. Posteriormente a factoría Disney en 1951 realizou unha das versións máis coñecidas para o público infantil dirixida por Hamilton Luske. Para ver un anaquiño da mesma cliquea na palabra suliñada do párrafo.


A última versión, que corre a cargo do director Tin Burton e a factoría Disney, estreouse no noso país o 16 de abril, podedes ver o trailer da película no enlace suliñado anteriormente.

8 abr 2010

ABRAHAM CARREIRO NA BIBLIOTECA

O escritor e ilustrador Abraham Carreiro estivo cos rapaces do segundo e terceiro ciclo traballando as diferentes técnicas para a creación de personaxes e a animación dos mesmos. No segundo ciclo crearon personaxes e no terceiro mesmo se animaron a facer tiras cómicas con tres viñetas. Podédelas ver na biblioteca.


Tamén podedes atopar nela o seu libro " A PEL DO COCODRILO", conto popular de Namibia.

SEMANA DA POESÍA

Como vos comentabamos nunha das entradas anteriores CELEBRAMOS o 21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA, na Biblioteca cunha SEMANA DA POESÍA na que participou o alumnado de 6º. Como se anunciaba no programa tivemos poesía para ler, para arrolar, para contar e para cantar.... podedes velo premendo na parabra presentación:


24 mar 2010

OS ALUMNOS DE 2º NA BIBLIOTECA CENTRAL...

Inda que a Biblioteca da Meigatintureira parécenos moi grande, o outro día leváronos á Biblioteca Central de Vigo, no Casco Vello da nosa cidade... Iso sí que é unha Super Biblioteca con tres plantas e todo. A nós deixáronos ver soamente a do sótano que é a zona Infantil e xuvenil, pois nas outras había xente estudiando, lendo ... xa sabedes nas Bibliotecas hai que estar en silencio....


22 mar 2010

22 de Marzo: Día mundial da Auga

Hoxe 22 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, e as Nacións Unidas adícano á importancia da calidade da auga baixo o lema : " AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN ". Non so é importante a cantidade de auga senón tamén a calidade, a conservación dos ecosistemas e a prevención da contaminación.
Temos que recordar que según datos de varias ONGs cada día morren no mundo máis de 4.000 nenos por enfermidades relacionadas coa contaminación da auga.

O lema deste curso é " Unha gota de auga, unha gota de vida", lembrades?.

Podedes ver o resultado das propostas de traballo na aulapara o segundo e terceiro ciclo, na seguinte presentación:


21 de Marzo. DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A UNESCO, organismo encargado da educación, a ciencia e a cultura, declarou o 21 de Marzo como o Día Mundial da Poesía, durante a 30ª reunión celebrada en París en Novembro do ano 1.999.
Irina Bokova, actual Directora Xeral da UNESCO, redactou unha mensaxe para este día, da que entresacamos este pequeno párrafo:
Neste Día Mundial da Poesía 2010, lembremos que a poesía é un territorio universal onde os pobos poden atoparse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons. Palabras, que calqueira que sexa a lingua da que brotaran van moi lonxe en pos dunha luz ligada a esencia mesma do ser humano, á dignidade de cada persoa.
Se queredes ler o texto ao completo, seguide o seguinte enlace:

TEXTO DE IRINA BOKOVA


Nos celebraremos esta data poñendo un pouco de poesía na nosa escola, así ao longo da semana disfrutaremos de pequenos recitais poéticos, protagonizados por alumnos e alumnas de sexto.

O programa será o seguinte:
  • MARTES: Poesía para ler...
  • MÉRCORES: Poesía para contar...
  • XOVES: Poesía para arrolar...
  • VENRES: Poesía para cantar...

9 mar 2010

A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ

Seguro que coñeces o Ratiño Pérez. Todas as noites percorre o mundo en busca dos dentes caidos que os nenos esconden baixo as súas almofadas, deixándolles a cambio unha moeda; pero...
a que non sabes que fai con todos os dentes que recolle?, se queres averigualo ven a Biblio e faite co libro "A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ ", atoparalo na sección de primeiros lectores:
Inda que tamén podes facer como fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º que foron hoxe aos cines Yelmo ver " EL RATÓN PÉREZ 2 ". Se queres saber máis cousas sobre a película clikea no título da mesma e poderás averigualas:


15 feb 2010

O ENTROIDO EN GALICIA

Sabes quen son os Peliqueiros, as Pantallas, os volantes, os Escabicheiros? ... pódelo ver na seguinte presentación a ritmo da cantiga popular "Se chove" na versión do grupo Treixadura:
Serías quen de ordear cronolóxicamente os diferentes días do Entroido tradicional? compróbao mentres escoitas o " Pasodobre dos Carballeiras"

11 feb 2010

MANDA A SARDIÑA !!!

Este ano cambiamos os mandatos do Meco polos da Sardiña, se queres saber o que nos manda esta semana, xa sabes, preme na imaxe:

4 feb 2010

A VOLTAS CO ENTROIDO

Unha vez máis aquí o temos, ven correndo... pero A quen lle imos botar a culpa este ano? pois á SARDIÑA. Este ano queimarémola, pero antes non se salvará do normativo xuicio:


CANCIÓN DA SARDIÑA
(coa música de Bob Esponxa)

Quen foi o culpable do frío Polar?
A sardiña, a sardiña!!

E quen en Haití fixo á xente penar?
A sardiña, a sardiña!!

Quen suspende aos nenos e fainos chorar?
A sardiña, a sardiña!!

E por todo iso, quen imos queimar?
A sardiña, a sardiña, a sardiña!!

A sardiña imos queimar!!!!!!


Androia, cacheira, cigarrón, chocas, enterro da sardiña, filloas, peliqueiro, orellas, xoves de compadres e de comadres, ... poderíamos facer un diccionario con palabras propias do Entroido. Preme na imaxe e verás canto vocabulario ao tempo que podes aprender a preparar algunhas receitas típicas desta época do ano:

17 ene 2010

CAMIÑANDO CARA A PAZ

" Ai, se eu poidese inventar
sonatas de estrelas e nubes de PAZ "
Antonio García Teixeiro


Coma xa sabedes o vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia, e para ir abrindo boca un pequeno “DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ”


1.- Eres alguén moi importante. Quérete.
2.- Podes facer moitas cousas. Coñéceas.
3.- Se tratas ben aos demáis, terás máis amigos.
4.- Sauda e despídete. Saberán cando estás con eles.
5.- Se aprendes a esperar o teu turno, xogarás mellor.
6.- Podes facer moi ben as túas tarefas. Esfórzate.
7.- Coida a túa roupa, os teus xoguetes e as túas cousas. Ocúpate delas.
8.- Se facemos algo entre todos, sairá moito mellor e tardaremos menos tempo.
9.- Sé xeneroso cos demáis, iso farate máis feliz.
10.- Se pos paz dentro de tí, teu entorno irá cambiando.


Unha pequena RECOPILACIÓN POÉTICA SOBRE A PAZ:


Se queredes coñecer quenes foron os galardonados co Premio Nobel da Paz dende a súa creación en 1901 preme na seguinte imaxe:

Para os que tedes ansias de investigador/a e queredes aprender máis cousas sobre o Día da Paz, aquí tedes esta WEB-QUEST dos compañeiros do Ceip Isaac Peral, preme na imaxe:



Aquí tedes a canción que imos cantar todos xuntos no Día da Paz, LLUVIA DE AMOR :



Agora aprende a LETRA DA CANCIÓN.


Para que vexades como celebramos no cole este día tan especial, vos deixamos esta pequena montaxe con algunha foto das actividades da xornada e fermosas palabras de PAZ.


12 ene 2010

Recomendacións para o Nadal

E por suposto, e como non podía ser menos, NO NADAL TAMÉN UN LIBRO. Se queredes ver as nosas recomendacións de Nadal, xa sabedes, preme na imaxe: