3 feb 2022

UN CONTO PARA A PAZ: "LOS PÁJAROS DE COLORES" - PAKAPAKA (RELATO TRADICIONAL CUBANO)

Estes días estivemos preparando a celebración do día da Paz, e nas sesións de Atención Educativa e de biblioteca de Educación Infantil, estivemos conversando a partires do que vimos neste relato tradicional cubano. Falamos de a necesidade de aceptar a cada un como é por dentro e por fora, coa súa forma de ser, pensar, sentir ou facer as cousas. Que ninguén é mellor que os demais, que nós podemos ensinar moitas cousas aos demais, pero que tamén podemos aprender deles. E por iso, non debemos esquecer que as diferenzas nos enriquecen, e fan a vida máis sorprendente, diferente e moita veces, máis divertida.


E despois decidimos facer o noso paxaro de cores, para amosar os nosos desexos o facelo. E comprobamos que fixemos todos os paxaros diferentes, e que todos eran moi bonitos. E xuntos, pensamos que así son máis chulos, e que sería moi aburrido que foran todos iguais.

Estes son os paxaros que fixeron os nenos e nenas da aula de 6º de Educación Infantil.













Estes son os paxaros que fixeron os nenos e nenas da aula de 5º de Educación Infantil.







No hay comentarios: