ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

29 mar 2024

2 de abril, unha data para ter en conta.

 O vindeiro 2 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data moi cercana ao vindeiro 23 do mesmo mes no que celebramos o DIA do LIBRO.

Específicamente este ano o lema é:

              Navega polos mares coas alas da túa imaxinación

 A ilustración do cartel é da ilustradora xaponesa Nana Furiya.

 Se clicades na imaxe poderedes ver o poema elaborado para a ocasión por Eiko Kadono, escritora xaponesa, que afirma:

       " Empezar a ler un libro é como abrir unha porta a un mundo diferente. Unha porta que non se pecha ao final da historia, sempre hai outra que agarda para ser aberta..."

 


 

4 mar 2024

A ASOCIACIÓN FRAN-GIL VISITA A NOSA ESCOLA

 O pasado  1 de marzo tivemos a visita do fundador da asociación      FRAN-GIL que loita para facer máis doada a vida das persoas que padecen un tipo específico de cancro que é a leucemia. O seu lema é       "REGALA VIDA" e baixo esta perspectiva, o alumnado de 5º e 6º foi o receptor dunha interesantísima charla cun punto de vista moi humano e cercano aos rapac@s. Contounos a orixe da: Marcha Solidaria “700 Camisetas Contra La Leucemia”.

                                             GRACIAS!!!!

1 mar 2024

Exposición 8 de marzo: celebramos o DÍA da MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller 2024 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Investir nas mulleres, acelerar o progreso", poñendo o foco nun mundo que se enfronta a múltiples crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero é máis vital que nunca. Garantir os dereitos das mulleres e as nenas en todos os ámbitos da vida é a única forma de asegurar o desenvolvemento sostible. (ONU mujeres).

A recopilación de materiais para esta celebración tédela no recuncho que está a carón do posto bibliotecario, aquí vos deixamos algúns exemplos.