"Oxalá poidéramos gardar en tarros un pouco de espíritu navideño e abrir un cada mes"
Harlan Millar (pensador norteamericano)
O Nadal é unha das épocas do ano favoritas para os nenos e
nenas: recuperamos dos trasteiros esas
figuriñas coas que montaremos o tradicional nacemento, os adornos e
luminaria que lucirán no abeto e os bonitos ornamentos que colgaremos de
portas e fiestras.
Esperaremos ansiosos a chegada de Papá Noel ou a visita dos
Reis Magos, que dende tempos inmemoriais deixan os seus agasallos xunto a
un zapato, nun calcetín pendurado da cheminea, debaixo da árbore de
Nadal,... tentando cumplir os soños e desexos que cada un de nos
esperamos se fagan realidade...
NA BIBLIO DA MEIGATINTUREIRA TAMÉN ESTAMOS A PREPARAR
COUSIÑAS.... ESTADE ATENT@S!
No hay comentarios:
Publicar un comentario