Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 5 anos, a falar sobre os agasallos, nestas datas nas que adquiren tanta importancia. E despois de facer un pouco de teatro co conto...
Vimos que ás veces, non nos gustan o que nos dan, ou non nos dan o que pedimos, pero... que se lle damos unha oportunidade ao que temos diante, pode convertirse no mellor agasallo do mundo e podemos pasalo moi moi ben.
Fomos conscientes da cantidade de xoguetes que temos sin necesidade de mercar nada. O único que precisamos é mirar ao nos redor. E descubrimos que todos os obxectos agochan unha chea de xogos e xoguetes, que somos capaces de ver coa nosa imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario