Mil grazas pola vosa participación e a vosa creatividade. Os contos e libros, eses amigos e amigas con corpo de cartón e papel, vestido de tinta e corazón de palabras, merecen o noso agasallo. Porque son grandes compañeiros de viaxe nas nosas vidas, que nos ensinan mil lugares, situacións e xentes, outras formas de ser, pensar, sentir, soñar, sufrir, reír, festexar, facer. Son realmente unha porta máxica, que non temos que deixar de abrir e cruzar. FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario