ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

16 may 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe foi un día repleto de actividades na escola. Na Hora de Ler todos os nenos e nenas foron pasando pola biblioteca para visualizar un vídeo no que, moitos deles e delas, colaboraron como artistas, mans solidarias e, incluso, narradora!

A continuación, acudimos a entrada onde o equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou:
- Un recitado de poemas dos nenos e nenas de infantil.
- A biografía de Antón Fraguas contada polos nenos e nenas de 6º.
- Fixo entrega dos agasallos do Concurso Literario.

Finalizamos o día, cantando todos xuntos o Himno Galego acompañados dos alumnos e alumnas de 6º coa frauta.

Agora toda descansar e aproveitar o Dia das Letras Galegas ao máximo!

Aquí tendes o vídeo realizado cos debuxos dos rapaces e rapazas! Disfrutádeo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario