Ao longo desta semana os nenos e nenas de Educación Primaria e Educación Infantil, pasarán pola biblio para deixar unha mensaxe de amor, de cariño, unhas palabras bonitas para os seus seres queridos, a súa mascota, aos seus amigos e amigas, etc.
De 1º de Primaria a 6º, deberán escribir a súa mensaxe nun folio de cor vermello e depositalo no noso cofre; mentres que os nenos e nenas de Educación Infantil, deberán decorar uns beizos utilizando diferentes técnicas.
Finalmente, con todos os beizos e mensaxes de amor, realizaremos unha exposición na biblio chea de sentimentos.
Non perdades esta oportunidade de dicirlle a esa persoa especial o que pensas, o que sintes ou de darlle as grazas por formar parte do teu día a día.
Moitos bicos da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario