ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

27 feb 2019

CHEGARON AS VOSAS PETICIÓNS...

...DO BUZÓN DE SUXESTIÓNS!!

Hoxe recibimos unha nova mensaxe da Meiga Tintureira:


Durante o recreo, os nenos e nenas recomendaron e explicaron aos seus compañeiros cal fora o libro ou conto que pediran no buzón de suxestións; fixéronnos un breve resumo do mesmo, lèronnos un pouquiño e despertaron en nós moitas ganas de lelos.

Aquí tendes unha reportaxe dos mellores momentos!






Disfrutade moito destas novidades e recordade seguir aportando ideas e iusións coas vosas peticións no buzón!



Apertas da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

25 feb 2019

DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres festexamos o Dìa de Rosalìa de Castro na nosa escola.

Comezamos a xornada escoitando às 9:15 "Rosalìa pequeniña" de Uxìa Senlle, canciòn que nos anunciou o gran dìa.

Preme no seguinte enlace para poder escoitala: “ROSALÍA PEQUENIÑA” 

Os nenos e nenas de Infantil, primeiro e segundo de Primaria, participaron nun recitado de diversos poemas de escritores galegos na biblioteca.

Entre os poemas, destacaron poemas coma: "Caracol Caracoleiro", "O paspallàs e o sol", "Piñeiros", "A rapazada no monte", Cuco cuquiño", "Unha barquiña dourada", "Mira como pasa o río", etc.

Por outra banda, os alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria, tamèn festexaron o dìa de Rosalìa buscando informaciòn sobre a mesma e recitando poemas na sùa aula.

Unha actividade organizada polo equipo de Dinamizaciòn da Lingua Galega,  xunto coa colaboraciòn do equipo de Dinamizaciòn da Biblioteca Escolar.

Preme no seguinte enlace e disfruta do vídeo: RECITADO DE POEMAS


Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.







19 feb 2019

TENDAL DO AMOR

Esta semana na biblio xa tendes expostas as vosas mensaxes de amor colgadas ao sol!

Pasade a ler as diversas mensaxes de amor, de amizade, de agradecemento...e desfrutade do noso tendal cheo de emocións e de palabras fermosas.

E...quen sabe! Quizais haxa unha mensaxe para algún de vós! Non vos quededes coas ganas de descubrilo!




Moitos bicos da vosa amiga, a Meiga Tintureira.



12 feb 2019

Mensaxes de amor

Ao longo desta semana os nenos e nenas de Educación Primaria e Educación Infantil, pasarán pola biblio para deixar unha mensaxe de amor, de cariño, unhas palabras bonitas para os seus seres queridos, a súa mascota, aos seus amigos e amigas, etc.

De 1º de Primaria a 6º, deberán escribir a súa mensaxe nun folio de cor vermello e depositalo no noso cofre; mentres que os nenos e nenas de Educación Infantil, deberán decorar uns beizos utilizando diferentes técnicas.

Finalmente, con todos os beizos e  mensaxes de amor, realizaremos unha exposición na biblio chea de sentimentos.

Non perdades esta oportunidade de dicirlle a esa persoa especial o que pensas, o que sintes ou de darlle as grazas por formar parte do teu día a día.



Moitos  bicos da vosa amiga, a Meiga Tintureira.




NAMÓRATE DA BIBLIOTECA!


Por se todavía non o estabas...NAMÓRATE DA BIBLIOTECA!

Pásate pola biblio nos recreos, cos teus mestres ou coa túa familia e...descubre un novo recuncho cheo de sentimentos, sensibilidade, cariño e moito amor.

Unha vez máis, a Meiga Tintureira, non deixa de sorprendernos. Esta vez, cun novo espazo repleto de contos con fermosas historias que desexan cobrar vida.

Aproveita para descubrir que é o amor, os tipos de amor que existen, de que cor son os besos, como conviven unha xirafa e un crocodilo namorados, o amor co paso do tempo...

En definitiva, aproveita para NAMORARTE DA BIBLIOTECA, DOS SEUS CONTOS E DAS SÚAS HISTORIAS!