Hoxe comezamos a xornada cunha escalofriante mensaxe da Meiga Tintureira:
“NOVO RECUNCHO NA BIBLIOTECA: CONTOS DE SAMAÍN E DE MEDO. ATRÉVESTE?
Algúns nenos e nenas xa aproveitaron para achegarse e descubrir un sinfín de novidades monstruosas para quen queira rirse do medo, disfrutar do medo, superar os seus medos, investigar sobre a orixe e historia do Samaín e, en definitiva, adentrarse nun novo mundo que, aínda que pareza que non, continúa máis vivo que nunca!
Unha actividade realizada en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega que non vos podedes perder e que terá máis sorpresas e...SUSTOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario