ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

19 oct 2018

INAUGURACIÓN!

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Esta semana recibimos a preciada carta da nosa Meiga Tintureira. Nela contounos a temática que imos traballar este curso no que tinguiremos a nosa escola de moito verde!

O noso lema será: "BOTÁMONOS AO MONTE" polo que xa comezamos a traballar e a ler sobre os nosos bosques, montes, a natureza, etc.

O mércores e o xoves comezamos cunha mensaxe moi especial e cun cofre misterioso nas portas da escola e da biblioteca!


Os alumnos e alumnas de 5 anos foron os primeiros en visitar a biblioteca este curso. Encantoulles o corto titulado "Árboles y flores".


Os nenos e nenas de 3 e 4 anos estiveron encantados na biblioteca descubrindo un novo espazo da nosa escola. Ademais cantaron, bailaron e decoraron unhas follas para a nosa árbore.



En 1º de Primaria, colaboraron coa decoración da nosa árbore e disfrutaron dun fragmento da película "Fantasía" de Walt Disney. 





Os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB aproveitaron para escoller os contos sobre o monte máis grandes e máis coloridos. Neles descubriron un montón de especies de árbores descoñecidas e moitas curiosidades para investigar.




 Os alumnos e alumnas de 3º foros os madrugadores do xoves, xa que foron os primeiros da mañá en acudir a biblioteca. Disfrutaron de todas as actividades dentro da biblio, en especial coa canción "Cos pés na terra"de Brinca Vai. Foron o grupo máis cantareiro sen dúbida!


En 4º ríronse moito co vídeo da canción de Paco Nogueiras, leron moitísimo sobre o monte, aprendendo a coidalo e respetalo .


En 5º estiveron moi atentos ao fragmento da película, sen perder de vista o cofre. Que terá no seu interior?


Finalizamos a inauguración coa visita dos alumnos e alumnas de 6ªA e 6ºB, os cales aplaudiron con estusiasmo as mensaxes da Meiga Tintureira sobre o monte e o seu coidado.




FORON DOUS DÍAS ESTUPENDOS NOS QUE A MEIGA TINTUREIRA, MOSTROUNOS UN SIN FIN DE NOVIDADES E DE NOVOS ESPAZOS PARA PODER DISFRUTAR DA NOSA BIBLIOTECA.

ADEMAIS INVITOUNOS A DESCUBRIR E VALORAR MÁIS AÍNDA OS NOSOS MONTES PORQUE SON A CASA DE TODOS E DE TODAS!!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario