ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
7 may 2026
PARTICIPA NO MERCADILLO SOLIDARIO DA MEIGA TINTUREIRA PARA DONAR FONDOS A ASOCIACIÓN "PEQUES AZULES"
DÍA DO LIBRO: AGASALLO DA ANPA.
A ANPA do noso cole, entregoulle uns contos moi chulos dos Bolechas á Meiga Tintureira, para que nos fixera un agasallo os nenos e nenas de infantil, na festa dos libros. Moitas grazas.
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO COMPARTINDO OS NOSOS NOSOS LIBROS FAVORITOS.
A Meiga Tintureira tiña preparada unha nova aventura e coas súas instruccións, enchemos unhas caixas que deixou polas aulas, de contos e libros que trouxemos da casa.
O cole tiña unha chea de libros favoritos, co que máis lle gustaba a cada un de nós. Logo, xuntámonos con outros cursos, presentamos os nosos libros e contos e explicamos por que nos gustan tanto. E para rematar, fixemos intercambio cos noso amigos e amigas.
Mirade que ben o pasamos!
14 abr 2026
A MEIGA CONVIDANOS A QUE FAGAMOS FOTOS DOS MARES DE AQUÍ E DE ACOLÁ.
A Meiga Tintureira leva un tempo de viaxe polos mares de aquí e de acolá e mándanos este vídeo para que desfrutemos das cousas tan fermosas que gardan os nosos mares e as súas contornas. E quere que tamén nós fagamos fotos dos mares. Ide de paseo ou viaxe coas vosas familias ou amigos e amigas, e facede unha foto do recanto do mar que mais vos guste ou que mais vos sorprenda.
Logo, tedes que traer a foto o cole, porque con todas faremos unha gran exposición. Compartirémolas como fai ela con nós, e así poderemos gozar xuntos mentres seguimos aprendendo.
Animádevos!










