ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

27 ene 2023

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: ¿ "PAN DE NUBE" OU CHORIPAN ?

 O pan do martes pasado, nin apareceu nunha pola, nin está feito de nube. Porque o noso pan está elaborado no cole, con moito cariño, fariña de trigo Caaveiro (autóctono gallego), auga, levadura e...chourizo!!!

Dí este conto que, cando comes un pan de nube, corres o risco de voar. Pois no comedor do CEIP A Paz Tintureira, os que voaron foron... os Choripáns!!!

Outra recomendación lectora para o noso proxecto "Érase unha... vez a historia de ler".


RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: RESOLVENDO UN CASO CON... "PERROCKHOLMES, DOS DETECTIVES Y MEDIO"

 

Menudo problemón! Non vos imaxinades o disgusto que ten a nosa pequena Xulia de infantil, porque o peixe que leva o seu nome, desapareceu da porta da cociña.

Rumoréase entre os rapaces, que un ladrón entrou pola noite. O misterio chamou á nosa porta, temos que chamar a Perrock, Perrock Holmes...

Pedimos colaboración para atopar este peixiño. Ofrécese recompesa!!!

E así, a cociñeira Libia lévanos a libros de detectives que nos poden axudar a resolver o problema e contentar a Xulia. E tamén, a seguir co proxecto da blibio "érase unha ver...a historia de ler".

O caso rematou como era de esperar, e Xulia xa está contenta porque o peixiño xa está con nós.

RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: ANACLETO Y LA CROQUETA

  

Anacleto é un neno ó que lle encantan as croquetas, un neno igualiño os do noso comedor.  Soamente co ben que cheira no cole, a todos nos medran os dentes e nos ruxen as tripas, ata que chega a moi esperada hora de comer.

É que as nosas croquetas son riquísimas porque son CROKETAS D´que están elaboradas en Casto de Rei. E son tan especiais, proque están elaboradas con ingredientes galegos, sen conservantes, nin colorantes.

Por iso, hai uns días agardabamos que non rematara o día en pesadelo coma o de Anacleto... E rematou como tiña que rematar... ¿podo repetir croquetas?

Outra historia culinaria coa que dende a nosa cociña, seguen a colaborar co proxecto de centro "Érase unha vez... a historia de ler"