ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

22 dic 2022

OBRADOIRO DE TARXETAS SOLIDARIAS PARA OS NENOS E NENAS DA AULA HOSPITALARIA DO ÁLVARO CUNQUEIRO E PARA OS MAIORES DO CENTRO RESIDENCIAL CORUXO.

O alumnado de infantil, 1º, 2º e 4º de primaria participou neste obradoiro de tarxetas solidarias, que este Nadal, querían levar un chisquiño de alegría a outras realidades que están preto de nós. 

Falamos dos nenos e nenas que están a vivir no Hospital Álvaro Cunqueiro onde tamén hai un cole. Coñecemos que moitos, pola súa enfermidade, van pasar alí este Nadal e non poderán estar nas festas do seu cole cos amigos e amigas que teñen alí. Tampouco poderán compartir con toda a súa familia, nin ver o ambiente navideño da cidade e todas as actividades que temos nestes días. 

Tamén, falamos dos maiores que están no Residencial de Coruxo, e polas novas que escoitamos nestes días nos medios de comunicación, soubemos que algúns reciben poucas visitas e outros ningunha porque non teñen familia, ou está moi lonxe. 

Por iso, traballando en equipo para facer un agasallo en común, creamos unhas tarxetas que decidimos que ían ser de árbores, porque nos gustaban a todos e todas. Feitas as tarxetas, inventamos uns pareados cargados de agarimo e bos desexos para os nosos novos amigos e amigas. E para rematar as escribimos e decoramos.

Tamén engadimos ao agasallo uns anxeliños que fixo a ANPA para vender no mercadillo navideño, para que rematasen a decoración das árbores da aula hospitalaria e do centro residencial. Pensamos que tendoos na súa árbore, o mellor conseguiríamos prolongar o efecto que queremos que tivera esta mensaxe agarimosa, un chiquiño máis. 

Logo fixémos chegar todo nuns paquetes... e xa sabemos que cumpriron o seu cometido. 

Dende o Centro Residencial Coruxo recibimos unha emotiva chamada telefónica onde nos deron as grazas infinitas, nos felicitaron polas tarxetas tan bonitas e as palabras doces dos nosos pareados, e escoitamos aos maiores e aos seus coidadores gritando o nome do noso cole: "Tintureira, Tintureira, Tintureira..."

 Dende a Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, remitíronnos ao seu blog e facebook, onde nos deixaron o seu inmenso agradecemento en forma de conto, publicaron fotos dos nenos e nenas adornando a árbore cos nosos anxeliños e ensinaron as nosas tarxetas que lles encantaron. As súas  familias quixeron lelas todas e tiveron que facer unha exposición. Aquí vos deixamos as enlaces para que o vexades:

https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/?m=1

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0WZT8BEkMF836XfkLdBH7iTdDDee63Z9H9anbHRYEsenjyxynx3CPNLaJbT7sZTFsl&id=100078096812300

Seguiremos argallando actividades para seguir compartindo o noso agarimo eles. 

CONTINUARÁ....















21 dic 2022

RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: "SOPA VERDE"

Hoxe sopa verde!!!

A piques estiveron de recibir unha folla de reclamación pola sopa que fixo a nosa cociñeira esta semana.

Pero pasoulles igual que o coelliño, probaron e non estaba tan mal a cousa como pintaba...

Levaba espinacas e acelgas da nosa horta favorita: A Leira de Lola.

E seguimos medrando e coñecendo máis contos que nos agardan con receitas literarias, para enriquecer o noso proxecto da biblioteca "Érase unha vez... a historia de ler".



RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: AS FABAS MÁXICAS!!!

 Así o explica Libia, a nosa cociñeira: Xián trocou unha vaca vella por un puñado de fabas máxicas. Esas fabas medraron e Xián trepou con elas ata unha terra descoñecida. 

Os nenos e nenas do colecio Tintureira chaman á nosa porta, preguntándo que hai hoxe de comer, igual que Xián á porta do castelo. Nesta cociña non hai xigantes, nin fadas, nin galiñas que poñan ovos de ouro (como serían as tortillas de hoxe...)

Nesta cociña comemos:

  • FABAS DE LORANZÁ- Terras da Mariña, S. Coop. Galega
  • ESPINACA ECOLÓXICA - A Leira de Lola.

E a maxia vai por dentro. 

Eso dice ela...

Pero nós sabemos que esa máxia é o toque especial e único de Libia e as súas axudantas, co que siguen alimentando de maravilla ao noso alumnado, e colaborando no proxecto desta biblioteca " ÉRASE UNHA VEZ... A HISTORIA DE LER".