Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas. Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e nenos gozaron, con esta historia, cunha visión dun tema tan natural como a vida mesma, onde apareceron valores como a valentía, o respecto ou a cooperación.
ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
22 abr 2022
A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
Este espectáculo foi proposto
e patrocinado pola nos ANPA, para todo o alumnado do centro. Da man de Iván
Davila, gozamos con historias tradicionais do medio rural
que tiñan como protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña,
etc. Ensinándonos a coidar e respectar a natureza, a
implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación para
a resolución de conflitos, e a
valorar e fomentar a nosa lingua.
7 abr 2022
CONTO CON OBRADOIROS: "EL VIAJE DE LAS MARIPOSAS"
Nestas sesións de biblioteca e atención educativa co alumnado de 5 anos, creamos bolboretas e falamos da sorte de compartir o que temos ou sabemos facer. De que ás veces pedimos axuda e outras, nola piden.
Tamén, imaxinamos como sería a nosa vida sendo unha bolboreta, que cousas nos gustaría ou poderíamos facer.
E para rematar, pensamos e compartimos que, si fósemos bolboretas e puidéramos regalar as nosas ás... ¿a quen o fariamos? e ¿por que?: a unha cama para ter soños voando; a unha casa para viaxar por todo o mundo e non necesitar facer maleta; a un avó que está malito para puidera voar e sentirse mellor, a un irmán porque o queremos moito, a unha mosca para que teña ás máis grandes e poida chegar máis lonxe, a un amigo meu que sempre me fai coxegas para que me ría... Dixeron cousas moi bonitas e interesantes!