ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

31 mar 2022

CONTOS DO CALDEIRO: "A CADEIRA DIMINUTA"

Esta actividade da biblioteca, parte dun caldeiro máxico que nos deixou a nosa Meiga Tintureira. Un caldeiro para poñer a funcionar á nosa imaxinación e creatividade para inventar historias e xogar con eles. 

Dentro hai obxectos que ella nos deixa uns días, nos que tentamos adiviñar de onde os sacou, de quen serán, para que os terá ela, etc.

Nesta ocasión inventamos historias de cadeiras e mirade o ben que o pasamos, xogando con elas. 






CONTO CON OBRADOIRO: "LOS ZAPATOS DE ORUGA" THE OLD BRANCH

Nas sesión de Atención educativa e algunha de biblioteca, vimos este conto no que unha oruga nos ensina a importancia de compartir, e non tirar cousas. E tamén, o ben que senta compartir, e o feliz que fai a outros que poden servirlles. E aproveitamos para falar do que nos facemos para compartir e "reciclar e reutilizar": aproveitar cousas dos irmáns, regalar cousas que xa non empregamos a amigos e amigas, crear cousas novas con cousas vellas, etc.


Obradoiro de eirugas e bolboretas co alumnado de 4º de Educación Infantil:







Obradoiro de bolboretas do alumnado de 6º de Educación Infantil.






CONTOS DO MUNDO: UN CONTO EN FRANCÉS TITULADO "POP ARTISTE"

Comezamo esta actividade nas sesións de Atención Educativa, porque creemos que escoitar outros idiomas, cousa que lles parece moi simpatica, é outra maneira de abrirlles a mente. Ensinarlle contos que aparentemente non entenden escoitando, e que cando ven as imaxes, poden adiviñar que está pasando e o que dín os seus personaxes.

Por outra banda,  saber que todos os nenos e nenas do mundo teñen contos nos seus idiomas, algún iguais aos nosos, pero outros como este, que non está publicado en castellano ou galego, foi toda unha sorpresa. e déronse conta que temos moito que aprender de todos e todas no noso mundo.










24 mar 2022

TIVEMOS UN AGASALLO DA NOSA MEIGA TINTUREIRA PARA TODO O ALUMNADO. UN LIBRO PARA CELEBRAR A FESTA DA RECONQUISTA.

 A Meiga Tintureira, deixou nas aulas un agasallo para cada un de nós, para que coñezamos mellor a festa que imos celebrar o vindeiro luns 28 de marzo:  O libro de Amaia Mauleón e Pablo Rosendo, titulado "Cíes e Roque: OPERACIÓN RECONQUISTA". 

Moitas grazas á nosa Meiga Tintureira!

CONTO E OBRADOIROS DO ENTROIDO: "TOTÓ UN PAYASO VIAJERO" DE SARA HACHE E ILUSTRADO POR EDUARDO RODRÍGUEZ

Co alumnado de cinco anos, nas últimas sesións de Atención Educativa e Biblioteca, descubrimos que ser paiaso ou paiasa, tamén é unha profesión. E que están traballando por todo o mudo para facer rir, porque a risa axuda a ser máis felices e a tamén é unha mediciña. Por iso, traballan nos hospitais, nos países nos que os nenos, nenas e a xente maior está triste por diversos motivos e necesita un pouco de felicidade. E tamén falamos da situación que estamos a vivir no noso mundo, onde tamén están eles, para poñer un pouco de risa, de mediciña positiva, nas vidas dos que están sufrindo.



11 mar 2022

CONTO CON OBRADOIRO PARA O ENTROIDO: "LA MÁSCARA DEL LEÓN" DE MARGARITA DEL MAZO E ILUSTRADO POR PALOMA VALDIVIA.

Este entroido co alumnado de 3 anos, nas sesións de Atención Educativa e Biblioteca, falamos sobre as máscaras e a necesidade de poder expresar o que sentimos en cada momento e non ter que esconder tras da nosa mamá, papá, ou nangún lugar. Os demáis teñen que aceptarnos como somos, sempre que non lle fagamos dano. Non temos porqué pegar a ninguén, se non nos comprende ou non nos fai caso. O que temos que facer é buscar outros amigos ou algún adulto para contarlle o que nos pasa e que nos poidan axudar. Non pasa nada por non querer facer o que nos pide algún amigo ou amiga, non debemos consentir que nos obriguen. As máscaras son para xogar, non para esconderse.