ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

20 dic 2021

CARTA DA MEIGA TINTUREIRA, PARA PEDIR OS LIBROS DO PROXECTO LECTOR.

 Familias, aquí vos deixamos a carta da Meiga Tintureira, cos libros que os nenos e nenas precisan para o desenvolvemento do Plan Lector, deste curso. Nalgúns cursos, agora pídese un e o longo do curso, pedirase o outro. 

ESTE NADAL, A MEIGA TINTUREIRA PON A NOSA IMAXINACIÓN A VOAR, CUNHA CHEA DE PREGUNTAS E PROPOSTAS...

A nosa Meiga Tintureira ten unha chea de preguntas sobre cousas que quere saber do Nadal. E tamén, apetécelle poñer a nosa imaxinación a funcionar cunha proposta de facer microrrelatos, que comenzan cunhas frases moi divertidas... Dende hai uns días, temos a súa carta nas nosas aulas e nun recuncho da nosa biblioteca, as folliñas coas súas propostas. Animádevos a participar e tamén,  podedes facelo durante o Nadal.





CONTO CON DRAMATIZACIÓN E XOGO: UN AGASALLO DIFERENTE DEDE MARTA DE ARRIBA AZCONA E ILUSTRADO POR ROSA OSUNA ALCALAYA

 Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 4 anos, a falar sobre os agasallos, nestas datas nas que para eles son tan importantes. E despois de xogar a ser os personaxes do conto e facer o que eles fixeron con trapiño, desenvolvemos uns regalos diferentes. E puxemos en marcha a nosa imaxinación para ver que podían ser aqueles obxectos e tivemos: un peine, unha ducha, unha vasoira de bruxa, un rascador para a espalda, un tambor, uns palillos de música, uns palillos para comer, un paracaidas, un bañador e unha gafas... unha chea de agasallos, que estaban agochados pola nosa aula. 







CONTO CON DRAMATIZACIÓN : UN AGASALLO DIFERENTE DE MARTA DE ARRIBA AZCONA E ILUSTRADO POR ROSA OSUNA ALCALAYA

 Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 3 anos, a falar sobre os agasallos, nestas datas nas que para eles son tan importantes. E analizando o que pasaba no conto, vimos que calquera cousa pode convertirse no mellor agasallo do mundo. E que podemos pasalo moi moi ben.  Por iso, despois... cun trapito xogamos a ser os personaxes do conto. 


INVENTANDO CUENTOS: " A BONECA DE NEVE"

Nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 4 anos, mirando os contos de Nadal da nosa biblioteca, decatámonos de que estaban cheeeeos de bonecos de neve, pero...ningún tiña unha boneca de neve. Que raro!

Pensamos que tamén deben existir, porque se poden facer. e decidimos facer unha cos tapóns que parecían copos de neve e outros doutras cores para facer os accesorios... E logo, a inventar historias para a nosa boneca.

Foi moi divertido, porque ninguén pensaba que a nosa boneca de neve ía ter tantas historias de Nadal para ela soliña, e tampouco que entre todos e todas, ían facer unha boneca de neve... TAN CHULA!