ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

COMO FACER UN FORMATO DE LIBRO, ONDE ESCRIBIR OU DEBUXAR UNHA HISTORIA.

Pincha no enlace, e verás os pasos para crear un formato, no que logo deixar voar a túa imaxinación con debuxos ou palabras. Anímate a facelo!!!

https://www.youtube.com/watch?v=65ddFv5K8wQ

FAI OS TEUS PRIMEIROS INTENTOS DE BANDA DESEÑANDA... ANÍMATE!!!

Pincha nos enlaces e anímate a crear con algúns consellos de dous grande neste xénero.

DEBUXAR NO COMIC CON FIZ E QUIKO DA SILVA.

O BOCADILLO CON XOSÉ TOMÁS.
https://www.youtube.com/watch?v=I27dYQEsQkY

PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO!!!

Os chicos e chicas de 3º de Educación Primaria son uns artístas e así deron vida a moitas palabras fermosas que temos en galego. aquí vos deixamos un aperitivo, son XENIAIS!!!
 


PINCHADE NO ENLACE PARA VER O RESTO.

11 may 2020

ACABARÁN CO...CORONAVIRUS!!!

Con esta actividade que titulamos “Acabarán co… coronavirus” quixemos facer un pouco de terapia cos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria.  Unha boa maneira de loitar contra o medo e debuxalo. Quixemos darlles un motivo para pensar, sentir e incluso debuxar o medo que lles rodea. Pero tamén, para facer arte curativo, imaxinando un personaxe que vai acabar con este virus, con este medo que tanto cambiou as súas vidas, o entorno e o mundo no que vivimos. Aquí están estes personaxes horribles fisicamente, pero bos para eles, porque loitan contra o virus. Eses personaxes que xa existen grazas a súa imaxinación.
1ª PARTE


2ª PARTE


TRASNADAS OU RISAS CONTRA O CORONAVIRUS!!!

Que mellor medicina contra a tensión e incerteza coa que convivimos, que compartir unhas trasnadas que nos sorprendan e nos fagan rir. Quen non fixo loucuras ou meteu a pata algunha vez. Aquí temos unha chea de trasnadas que fixeron e compartiron con nos, algúns alumnos e alumnas de 3º, 4º. 5º e 6º de primaria, para que pasedes un bo rato.  



7 may 2020

A POESÍA DE CARVALHO CALERO EN 7 PALABRAS

Un novo setestrelo que lle dedican no Portal das Palabras  e que é un convite a descubrir a súa lírica dende os primeiros libros ata os póstumos.  Pinchade no enlace:

https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/a-poesia-de-carballo-calero-en-sete-palabras/

A PRIMAVERA DAS LETRAS, COA REAL ACADEMIA GALEGA

Pincha neste enlace da Real Academia Galega onde atoparedes historias, aventuras, contos, actividades para colorear e moito máis, para celebrar a festa das letras galegas.

http://primaveradasletras.gal/

O PAPAGAIO SEGUE CON NOS!!!

 Pinchade neste enlace para seguir gozando das aventuras do noxo xornal, agora en formato dixital:

https://www.flipsnack.com/9D88A97F8D6/o-papagaio-8-maio2020.html


A CIDADE DA CULTURA PRESENTA O CLUBE DAS LERCHINAS!!!

Pinchade neste enlace para seguir as divertidas sesións de contos do Clube das Lerchinas, que acaba de constituír a Cidade da Cultura, para axudarnos a levar con humor este confinamento.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/club-das-lerchinas-sesion-de-contacontos-en-lina-para-familia


CONTACONTOS NA ESCOLA DE LECTURAS PARA FAMILIAS CURIOSAS DO SALÓN VIRTUAL

Pinchade neste enlace e seguide o seu programa de lectura con personaxes moi interesantes como contacontos.

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/


4 may 2020

O SALÓN VIRTUAL E TRES CONTIÑOS DE ANIMALIÑOS!!!

Aquí vos deixamos tres contiños máis.  Tres contacontos moi chulos de aventuras de animais.

O MOUCHO ABURRIDO con Paula Carballeira.
https://youtu.be/RbxeBgBs7_Y

O RATIÑO E O LEÓN
https://youtu.be/T8sY_Ep4fMk   con Soledad Felloza.

O RATO QUE QUERÍA UN PALACIO
https://youtu.be/Wx-3b9RtIEE con Charo Pita.