28 ene 2015

CANTOS DESPLEGABLES !!...... VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO.

O Alumnado de segundo visitou a Biblioteca Nodal de Vigo o pasado 25 de xaneiro dentro das visitas que realiza a esta institución de xeito escalonado todo o alumnado do centro en E.I. de 5 anos, en 2º e 6º de Primaria onde realizan actividades diferentes según os niveis. Despois do recorrido e a proposta específica para os de segundo, unha visita á sala onde se fan as actividades de fin de semana e con libre acceso aos libros desplegables, QUE CHULIS!!! 

26 ene 2015

CAMIÑANDO CARA Á PAZ

    Esta semana desenvolveremos unha serie de actividades en colaboración cos diferentes equipos do cole: Dinamización, extraescolares. Dende a Biblioteca Escolar propoñemos a realización dun pequeno traballiño colaborativo cos diccionarios de Língua Galega ao mesmo tempo que traballamos coa Formación de Usuarios, trátase de atopar as palabras que máis nos gusten para facer entre todo o alumnado un mural:

  
Mentras non o rematamos imos aproveitar para dexarvos as cancións que imos cantar, xa sabedes CANTARELA DOS NENOS musicada a partir dun poema de Xosé Neira Vilas no disco Rolada das Cantigas e LIGHT A CANDEL FOR PEACE de Shelley Murley:





20 ene 2015

EXPOSICIÓN DE NOVIDADES E SORTEO


Este curso temos catalogadas un montón de novidades e periódicamente sabedes que facemos presentación das mesmas, pero despois do Nadal tiñamos tantas cousas novas que ensinarvos para poñelas en circulación e erades tantos os que as queríades levar de primeiros que decidimos facer un sorteo tras a exposición:




Cada visitante á exposición cubría  un papeliño co seu nº de lector e o libro que quixera levarse para casa en préstamo o día do sorteo:

UN ÉXITO DE CONVOCATORIA!!



grazas a tod@s!!