Vai chegando o frío, inda que este ano moi paseniñamente, e con él xa están próximas as tan esperadas vacacións de NADAL. Que mellor momento para pasar en familia e compartir, por qué non lecturas ao calor dos que máis queremos e nos queren. Aquí vos deixamos un ano máis unha guía con algunhas propostas para pasar un Nadal máis entretido/a:
ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
▼
15 dic 2015
6 dic 2015
2 dic 2015
EN MARCHA AS MOCHILAS..... UNHA ACTIVIDADE PARA COMPARTIR EN FAMILIA
Un ano máis, unha proposta da BE que sempre é recibida con moita ilusión, tanto por parte do alumnado como das súas familias. Disfrutádeas!!!!! e lembrade de cubrir as enquisas que nos permiten ter en conta as vosas suxestións!!!!!! así como os comentarios que deixades nos cadernos viaxeiros!!! todo nos axuda a avanzar!!
29 nov 2015
UN CONTO, DOUS CONTOS, TRES CONTOS, CATRO...
Un ano máis visitounos o Sr GRAVATA TORTA: Contos para soñar, para sentir, para xogar, para cantar..... unha chea de contos.
17 nov 2015
MARCHAMOS A COMPOSTELA.... !
Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en
Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Coma en anos anteriores, estas xornadas convocan arredor dun milleiro de profesoras e profesores de
toda Galicia.
O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas
escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en
alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso
2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados
por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de
distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que
deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva,
para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do
alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
Coma sempre, figuras de primeira orde coma Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañarán
ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de
experiencias, a análise eo desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica na escola .
13 nov 2015
POR SE OS QUEREDES VOLVER A ESCOITAR!!!!!
O alumnado do CEIP Coirón Dena de 5 anos de Infantil e de 6º de Primaria preparou este conto. Enlazámolo aquí para que o volvades escoitar se queredes despois da sesión de Contos de Medo do outro día:
Éste que tedes aquí é do CPI dos Dices en A Coruña:
E aquí o de Bola de Manteiga feito polo alumnado do ceip de Malpica:
11 nov 2015
MATERIAIS SOBRE CIENCIA
Na exposición, que tamén contempla algúns inventos, menos coñecidos polos nosos rapaces e rapazas, podedes atopar unha chea de materiais para traballar neste curso cos proxectos, experimentos, ... que vos esperan, para que sexa un ano realmente: TROULEANDO COA CIENCIA!!!!!
10 nov 2015
UN ESPAZO PARA AS NOVIDADES
Un novo espazo onde iremos colocando os documentos recén catalogados, para que sempre saibades o que acaba de chegar á nosa Biblioteca.
9 nov 2015
NOVA SINALIZACIÓN PARA OS ALBUMS ILUSTRADOS
Coa idea de darlles relevancia e unha entidade propia aos mesmos decidimos entresacalos, poñerlles unha pegatina, indicando o nivel lector e posteriormente ubicalos nun lugar especial dentro da Biblioteca.
6 nov 2015
UHHHHHHHHHH!!!!! CONTOS DE MEDO!!!!!!!
Unha selección dende os fondos da Biblioteca para contar.... e para TREMER!!!!. En colaboración co EDL, ésta é unha actividade que vai collendo pulo ano tras ano. O alumnado de 5º e 6º organízase, disfrázase e preparan a súa actuación para representar polas aulas.
Os máis incrédulos podedes votar unha ollada:25 oct 2015
QUEN SON? e QUE INVENTEI ?
Despois da inauguración o alumnado de 5º e 6º levou a súa papeleta para participar no concurso QUÉN SON E QUE INVENTEI ?. A solución...... investigando nos materiais da exposición que hai estes días na Biblioteca: Inventos.....inventores/as.....a ver, a ver...... Podedes depositar as vosas respostas no buzón da Biblio.
24 oct 2015
GOOD MORNING JOE !!!
Foi o título elexido para a inauguración co alumnado de terceiro, cuarto quinto e sexto. Dun total de catro que conforman o libro "Doctor Ink y el cielo estrellado" da editorial Bárbara Fiore editores, catro contos sobre personaxes solitarios que cada día descubren no ceo estrelado pequenas cousas que os fan felices. Unhas tenras historia de Akishiro Nishino que nos farán sorir e situarnos ante a inmensidade do ceo e o universo cunhas fermosas ilustracións en branco e negro.Un fermoso libro ilustrado para todas as edades, e dende logo tamén para os maiores da casa. Unha recomendación dende este blog da Meigatitnureira.
23 oct 2015
24 de OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS, e tamén das escolares.
" O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA
celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada
unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás
persoas en procura de lectura e de coñecemento, pero
tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora,
pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos. Porque iso
son as actuais bibliotecas, eses "terceiros lugares" capaces de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto tipo. As bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito
dos esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé. " (Blog Bibliotecas escolares de Galicia)
22 oct 2015
O INVENTOR DE PAXAROS
O libro de Ximo Abadía foi o
elexido para iniciar o tema deste curso arredor da Ciencia e presentárllelo aos
máis cativos da escola ao mesmo tempo que a carta da Meigatintureira.
Logo
traballaron nuns talleres nos que os máis cativos picaron as casiñas para os
paxaros que inventaron os alumnos/as de primeiro e segundo.
19 oct 2015
CARTA MEIGATINTUREIRA!!!!!!
Ola unha vez máis nenas e nenos!. Nesta ocasión non vou contar unha das miñas viaxes. Xa sabedes que aproveito os veráns, cando vós non estades no colexio, para viaxar polo mundo adiante.
Tamén teño feita algunha viaxe submarina e unha interplanetaria. O que non fixera nunca foi unha viaxe polo tempo. E abofé que o intentei, aínda que non o conseguín.
Eu quería viaxar ao pasado para coñecer a eses grandes homes e mulleres que fixeron os grandes descubrimentos e inventos dos que disfrutamos hoxe en día e que nos fan a vida máis agradable.
Estas mulleres e homes son os científicos...
Tamén teño feita algunha viaxe submarina e unha interplanetaria. O que non fixera nunca foi unha viaxe polo tempo. E abofé que o intentei, aínda que non o conseguín.
Eu quería viaxar ao pasado para coñecer a eses grandes homes e mulleres que fixeron os grandes descubrimentos e inventos dos que disfrutamos hoxe en día e que nos fan a vida máis agradable.
Estas mulleres e homes son os científicos...
18 oct 2015
COMENZAMOS UN NOVO CURSO... SABES QUEN É ESTA SEÑORA TAN ELEGANTE?
Pois estate atento/a!.
Seguro que xa viches o logo da Biblioteca e da Meigatintureira por algures e iso anúnciache que empezamos de novo a nosa andadura, un curso máis cando aló polo curso 2008-09 nos englobaron dentro do PLAMBE e xa era o terceiro curso que andabamos a fedellar cos libros e coas cousas das letras.
15 jun 2015
CHEGA O VERÁN....
E con él unhas máis que merecidas vacacións, pero antes de despedirnos non esquezades as recomendacións da Meigatintureira para pasar un verán de ALU*CINE á beira do mar, na montaña ou onde queirades:
14 jun 2015
PARABÉNS A ESTE NOVO EXEMPLAR DA NOSA REVISTA "O RECHOUCHÍO"
1 jun 2015
FESTIVAL CANS-TINTUREIRA: CINEFÓRUM EN GALEGO
En colaboración có Equipo de Dinamización Lingüística fixéronse varios Cinefórums programados para os diferentes niveis, nos que se analizaron varias películas: A tartaruga que quería durmir, Detective Conan, Asterix e Cleopatra e O Bosque animado.
Pinchade no nome das películas e poderedes velas a través do enlace.
Aquí vos deixamos tamén as fichas para traballar na aula:
Pinchade no nome das películas e poderedes velas a través do enlace.
Aquí vos deixamos tamén as fichas para traballar na aula:
25 may 2015
COLABORANDO CON OUTROS CENTROS: CPI DE MONDARIZ
Fai catro cursos xa nos prestaran unha exposición sobre o CÓMIC que
preparara o alumnado de 1º de ESO de dito centro para a asignatura de
Proxecto Interdisciplinar e que completaramos con traballo feito no noso
centro referente ao mesmo tema. Este curso traballamos co personaxe de
MAFALDA e o seu mundo no seu 50º aniversario. O alumnado de 1º da ESO
preparou un pequeno montaxe sobre Mafalda e os seus personaxes, material
que aproveitamos para facer a exposición e programar unhas tarefas para
traballar co alumnado nas derradeiras sesións de Biblioteca
investigando en diferentes medios e soportes ao mesmo tempo que
traballando de xeito colaborativo.
Clicando nas imaxes pódese acceder aos caderniños:
Caderniño Infantil
Caderniño 3º, 4º, 5 e 6º.
24 may 2015
I CONCURSO DE REDACCIÓN E DEBUXO DO CEIP A PAZ
Estreamos concurso de redacción e debuxo este curso promovido pola ANPA baixo un título moi orixinal e motivador:
" O CABALEIRO QUE PERDEU O SEU NOME "
Participou o alumnado do centro dos diferentes niveis, con diferentes propostas:
- Poñerlle nome ao Cabaleiro,
- Debuxalo e
- Inventar unha historia na que él fose o protagonista.
QUE VIVA VALENTÍN, O NOSO CABALEIRO!!!!!
17 may 2015
IV MERCADIÑO SOLIDARIO DE LIBROS USADOS
Outra edición máis, imos camiñando paseniñamente nunha actividade que reune á todos os membros da nosa comunidade educativa, unha invitación especial para as familias. Dende este blog darvos a todos as grazas pola vosa colaboración: este ano, despois do intercambio cos consabidos Tintur€uros, a nosa moeda oficial, consegiuse recaudar 374 € para a ONG coa que colaboramos este curso, Save the Children.
Grazas, Grazas, Grazas......
6 may 2015
VISITA Á BIBLIOTECA NODAL DE VIGO
O alumnado de 6º visitou a Biblioteca Nodal de Vigo situada no Casco Vello da nosa cidade. Dividíronse en grupos e colaborativamente tiveron que resolver as propostas das pistas a resolver baseadas no coñecemento da CDU (Clasificación Decimal Universal) coa que están clasificados os fondos das bibliotecas.
9 abr 2015
EU LEO, TI LES, EL LE.... DÍA DO LIBRO
Unha vez máis pedimos a vosa axuda para unha proposta na que poderán participar todos os membros da comunidade educativa: as familias, o alumnado, profesorado... Aquí vos deixamos a proposta:
9 mar 2015
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Pouquiño a pouco, ano tras ano, tamén dende a Biblioteca Escolar contribuimos a crear conciencia sobre o significado desta data: 8 de marzo: Día da muller traballadora, é dicir de todas as mulleres.
Este cartel baseado en dúas obras do artista Leandro Lamas é a nosa peculiar homenaxe a esta data. Tamén o é o traballo dende dous libros ben coñecidos, xa clásicos, pero moi de actualidade da editorial Kalandraka que vos deixamos no blogue para que os lembredes cando queirades:
"Once damas atrevidas" adaptado por Oli e ilustrado por Helle Thomassen e "O libro dos porcos" de Anthony Browne
23 feb 2015
UNHA ANIMALADA DE PRIMEIRA!!! : EDUCACIÓN EN ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL(ALFIN)
O qué? pois ese é o título do traballo de investigación que realizou o alumnado de primeiro de primaria sobre os animais que máis lle gustaban ou lles parecían máis curiosos, Este animalario é un fermoso traballo que decidiron convertir en formato libro co que agasallar á Biblioteca da Meigatintureira:
MOITAS GRAZAS!!
Podédelo atopar formando parte do
recuncho de libros e materiais
12 feb 2015
SEMPRE RODARI
Os contacontos sempre son moi benvidos na nosa Biblio e se a proposta parte dos contos de Gianni Rodari e o seu clásico CONTOS AO TELÉFONO, inda máis. O alumnado de terceiro e cuarto disfrutou en grande con esta proposta e por iso animámosvos a que vexades e escoitedes atentamente os conto " O camiño que non ía a ningures " e " un e sete " por suposto tamén de Rodari. Disfrutádeos!!!!!
10 feb 2015
ENTROIDO 2015!!! UN ENTROIDO DE ALU-CINE!!!
Clica nas imaxes e aprenderás moitas cousas sobre o Entroido nas diferentes zonas de Galicia e o Ciclo do Entroido, duas produccións feitas por MEIGATINTUREIRA FILMS neste ano adicado ao CINE:
3 feb 2015
VERBAS PARA CONVIVIR EN PAZ: XÉNESE DUN MURAL.
Clica nas imaxes e poderás ver cales foron as palabras elexidas por ser as que máis nos gustan e as que menos !!
As palabras que máis nos gustan e as que menos, que decidimos tirar ao lixo, foron os protagonistas desta proposta colaborativa dende segundo a sexto:
28 ene 2015
CANTOS DESPLEGABLES !!...... VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO.
O Alumnado de segundo visitou a Biblioteca Nodal de Vigo o pasado 25 de xaneiro dentro das visitas que realiza a esta institución de xeito escalonado todo o alumnado do centro en E.I. de 5 anos, en 2º e 6º de Primaria onde realizan actividades diferentes según os niveis. Despois do recorrido e a proposta específica para os de segundo, unha visita á sala onde se fan as actividades de fin de semana e con libre acceso aos libros desplegables, QUE CHULIS!!!
26 ene 2015
CAMIÑANDO CARA Á PAZ
Esta
semana desenvolveremos unha serie de actividades en colaboración cos
diferentes equipos do cole: Dinamización, extraescolares. Dende a
Biblioteca Escolar propoñemos a realización dun pequeno traballiño
colaborativo cos diccionarios de Língua Galega ao mesmo tempo que traballamos coa Formación de Usuarios, trátase de atopar as
palabras que máis nos gusten para facer entre todo o alumnado un mural:
Mentras non o rematamos imos aproveitar para dexarvos as cancións que imos cantar, xa sabedes CANTARELA DOS NENOS musicada a partir dun poema de Xosé Neira Vilas no disco Rolada das Cantigas e LIGHT A CANDEL FOR PEACE de Shelley Murley:
20 ene 2015
EXPOSICIÓN DE NOVIDADES E SORTEO
Este curso temos catalogadas un montón de novidades e periódicamente sabedes que facemos presentación das mesmas, pero despois do Nadal tiñamos tantas cousas novas que ensinarvos para poñelas en circulación e erades tantos os que as queríades levar de primeiros que decidimos facer un sorteo tras a exposición:
Cada visitante á exposición cubría un papeliño co seu nº de lector e o libro que quixera levarse para casa en préstamo o día do sorteo: