Por suposto que sí, e por que non? non había programada unha actividade de animación á lectura, nen de Formación de Usuarios/as pero sempre a nosa Biblioteca é un centro de referencia para as actividades culturais que se fan dentro da escola e que precisan dun ámbito, por dicilo dalgún xeito, "máis solemne". E aquí recibimos aos profesores da Escola municipal de Música da familia de vento metal: unha sesión do máis animada!!!!
ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
▼
27 nov 2014
23 nov 2014
12 nov 2014
TAMÉN NÓS FACEMOS CINE....
O mércores 9 de novembro tivo lugar na Biblioteca un taller de DOBRAXE E EDICIÓN DE SON, temática moi ligada á que estamos a traballar neste curso. Contamos coa presensa de dobradores profesionais da RTVG (Radio Televisión de Galicia).Primeiro, utilizando monicreques, os
actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fixeron un xogo
dramático moi divertido no que nos mostraron todos os pasos da
elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe. Non é preciso falar máis, con que vexamos e por suposto escoitemos atentamente é dabondo:
Se clicades na foto poderedes ver a Sara Diego, Vera Taconni e Oscar en acción:
E se clicades na seguinte imaxe poderedes ver a Pablo Rolland, Lidia Formigo e Oscar Mouriño:
Para ver o resultado final podedes clicar no seguinte texto:
9 nov 2014
V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Esta fin de semana laboral rematou un pouquichiño máis tarde do habitual, pois o pasado venres 7 pola trarde e sábado 8 durante todo o día tiveron lugar as V Xornadas de BE galegas en Santiago de Compostela. Alí mesmo nos reunimos máis dun millar de mestres chegados de toda Galiza para aprender máis cousas sobre as Bibliotecas Escolares da man de persoas como e por suposto das experiencias doutras BE que están a traballar incansablemente dende fai anos e dos que aprendemos un montón.
Gracias coma sempre a Cristina e Pilar, a Leonor e aos asesores/as dos CFR galegos polo voso traballo e disposición!!
3 nov 2014
CONTOS DE MEDO....
En colaboración có Equipo de Normalización Lingüística fíxose unha actividade que cada ano vai cobrando máis corpo: CONTOS DE MEDO. Os maiores de 6ºcontan contos e historias de medo aos máis cativos do cole. As historias fanse non só lidas senón tamén dramatizadas para darlles un maior realismo:
2 nov 2014
1 nov 2014
EMPEZAMOS.......
Co horario arriba indicado foron pasando os diferentes cursos pola Biblioteca para mostrarlle a película que nos tiña preparada a nosa Meiga, na que nos contou todas as súas viaxes durante este longo verán através dos diferentes xéneros cinematográficos. Todo esto, por suposto gracias á activa colaboración do mestre Luis como membro da nosa productora MEIGATINTUREIRA FILMS.