25 oct 2013

INAUGURAMOS!!!!!


Os vindeiros 28, 29 e 30 de outubro!!!

19 oct 2013

COMENZAMOS....COMENZAMOS.....!!!!!!

           Un ano máis estamos de volta, xa sabedes, como é habitual,  entre o día 24 de outubro, día DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES,  e o DÍA DE SANTOS, facemos a inauguración e este ano baixo e lema:

" NAVEGANDO POLO MAR... 

ESTE ANO TODOS/AS A REMAR "

          Mirade, Mirade... que mural máis fermoso temos na entrada da Biblioteca  para ilustrar o tema deste ano:
 

          O mural é obra de Aarón Fernández Martínez, un xoven ilustrador estudiante de Belas Artes, deixovos aquí a xénese do mural, para que vexades como se foi facendo:

15 oct 2013

UNHA BOTELLA NO MEDIO DO OCEANO !!!!!!


         Non sabemos moi ben como, pero apareceu no cole unha caixa un pouco estropeada na que viñan unhas botellas, que parecían conter unha mensaxe dentro delas. Pepé, o noso conserxe,  foi quen deu o aviso de que chegara o paquete, e como se trataba de nove botellas que, por enriba, levaban o logo da nosa benquerida MEIGATINTUREIRA ..... estaba claro que se trataba dunha mensaxe para cada unha das clases. Fantástico, xa estabamos ansiosos e nos preguntábamos que sería dela este curso despois do caluroso verán.

          Aquí vos deixo a súa carta en formato libro ilustrado... vede, vede... este verán sí que o pasou de medo!!!: