ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

11 nov 2013

CONTOS DE MEDO


Para celebrar o Samaín, o alumnnado de 6º de Primaria, ataviado para a ocasión, visitou todas as aulas do colexio para contar, en parellas ou en grupo, un conto de medo aos seus compañeiros e compañeiras. O ambiente durante eses momentos foi “terrorífico” e tamén divertido.

 

8 nov 2013

PENSACHES ALGUNHA VEZ.... PODER PESCAR UNHA SEREA?

           A mín encantaríame... seguramente  a cada un dos lectores do noso blog tamén. Esa foi a proposta para 2º e 3º ciclo. Posteriormente realizamos dous talleres de papiroflexia nos que elaboramos barcos de papel e peixiños. Con eles imos decorar a Biblio.





4 nov 2013

DON CABALIÑO DE MAR


           Para os máis cativos foi unha mañá moi emocionante. Os mási cativos de tres anos moi sosprendidos.... nunca escoitaran falar da Meigatintureira...., de que nos deixaba unha carta das súas viaxes do verán..., da Biblioteca... Toda unha odisea.

           A proposta de Ed. Infantil e primeiro ciclo pasou por unha adaptación para power point en galego do simpático conto do coñecido  autor Eric Carlé de ed. Kókinos, DON CABALIÑO DE MAR, para pasar logo a unha proposta plástica dunhas pequenas marionetas mariñas de pao..... tendo en conta o lema deste ano :  "Navegando polo mar...este ano todos a remar"!