ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

24 feb 2013

ROSALÍA de CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o 176 aniversario do nacemento da nosa querida Rosalía. Celebrarémolo o próximo xoves cun recital simultáneo en todas as clases dos poemas de Rosalía na hora de ler, despois do recreo. Xa vos iremos informando de máis novas.

20 feb 2013

MÉRCORES LECTORES CON MANOLITO GAFOTAS

       Este mércores, o noso compañeiro Yago presentounos unha colección bastante coñecida entre todos vos: MANOLITO GAFOTAS. A serie creada pola autora ELVIRA LINDO foi Premio Nacional de Literatura Juvenil e o ilustrador EMILIO URBERURAGA, premio Nacional de Ilustración. Unha serie que grazas á sua popularidade foi adpatada ao cine e a TV.
   
 


















          Se queredes saber como lle xurdiu a idea á autora de facer uns libros sobre Manolito Gafotas, podedes ver o seguinte video:

19 feb 2013

APRENDE A BUSCAR NA REDE......CON EFICACIA

          Unha ferramenta para aprender a buscar dende o maremagnun que é a REDE e o mundo de internet. Moi útil para O ALUMNADO, PROFESORADO, FAMILIAS.... para todos en xeral. Gracias dende o blogue da Meigatintureira polo fantástico traballo colaborativo das coordenadoras das Bibliotecas Escolares do CEIP Milladoiro de Malpica e do IES Sanchez Cantón de Pontevedra. GRAZAS POR COMPARTIR!!!

 

6 feb 2013

O CICLO DO ENTROIDO... CANTAS GANAS DE FESTA !!!

     Se queredes aprender cando comenza o Entroido, que se fai e se celebra cada un dos días, clica na seguinte presentación sobre 

O CICLO DO  ENTROIDO 




CHEGA O ENTROIDO...E CON EL A FESTA !!!

      En Galiza os Entroidos son unha das festas máis significativas, se queredes saber máis detalles acerca dos mesmos: onde se celebran, as diferencias entre uns e outros... clica na seguinte presentación sobre 

        OS ENTROIDOS EN GALICIA: