ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
▼
29 may 2012
27 may 2012
EXPOSICIÓN TEMÁTICA: OS SERES FANTÁSTICOS
Seguimos investigando e facendo Alfabetización Informacional ou se preferides ALFIN que sería a terminoloxía máis exacta. Tentaremos elaborar un pequeno libriño sobre a mitoloxía galega elaborado polo alumnado de segundo e terceiro ciclo, xa vos contaremos.
19 may 2012
18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.
Con este cartél preténdese anunciar unha celebración que as veces pasa desapercibida, sobre todo para nós despois da das Letras Galegas. Trátase do 18 de maio no que se celebra o Día Internacional dos Museos, DIM no que participan máis de 2000 museos de toda Europa.
O lema para este ano é "MUSEOS NUN MUNDO CAMBIANTE. NOVOS RETOS, NOVAS INSPIRACIÓNS".
O Museo de Arte Contemporáneo da nosa cidade, o MARCO, celebrou este día con propostas moi variadas e para todas as idades. Una delas moi curiosa, talleres infantiles de ilustración para celebrar o cumpreanos dun personaxe moi especial e querido: O XABARÍN que o pasado 18 de abril celebrou a súa maioría de idade.
3 may 2012
CAMIÑANDO CARA AS LETRAS: Recursos
Un ano máis preparámonos para celebrar o DIÁ DAS LETRS GALEGAS, o DÍA DAS NOSAS LETRAS, e para irnos aproximando ao personaxe deste ano aquí vos deixamos un Informativo realizado polo alumnado do CPI Dos Dices en Rois:
Aquí temos unha chea de actividades seleccionadas polo equipo de Biblioteca do CEIP Teis Frián que nos permitirán traballar nestes días co noso alumnado a través das NNTT acercándonos á traxectoria de VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Na primeira fotografía tedes enlaces a LIMS para Infantil, 1º, 2º e 3º ciclo así coma xogos de parellas elaborados polos compañeiros do ceip de Teis Frián.
Na segunda está o enlace a diversas páxinas de institucións e centros con actividades e recursos diversos.
UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE
Dende logo que foi unha experiencia inesquecible na que participou todo o alumnado e o profesorado do centro ao que lles temos que agradecer, coma sempre, a maravillosa acollida a esta proposta. Gracias a todos/as e Bó día do libro!!!