9 nov. 2011

O GATIPEDRO


Sabedes quen é o GATIPEDRO ? Según o escritor galego Álvaro Cunqueiro na súa obra "Escola de menciñeiros" :

" O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz".

Pero como vencelo? eso foi o que averiguaron os rapaces e rapazas de 3º e 4º que se acercaron á Biblioteca a escoitar como Pedrochosco lle axudaba aos protagonistas das nosas historias, no seu paseo polo mundo dos soños e dos pesadelos en busca do Gatipedro ata que conseguiron vencelo. O agasallo? un saquiño de sal por que este ser misterioso anda coa língua de arrastro e poñendoo nas pálpebras ou arredor da cama polo chan conseguimos espantalo.