Para que ir á Biblioteca, coller un libro, ler.....? Unha resposta podemos atopala neste vídeo que aparece no blogue "pincellades al mond" :
ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
▼
22 nov 2010
20 DE NOVEMBRO, unha data a ter en conta.
Sabías que noutras partes do mundo os nenos/as non viven como o fas tí na actualidade? Hai moitos nenos que non poden ir á escola por que teñen que traballar, que son víctimas das guerras...
O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas. Pincha na palabra e poderas saber cales son os vosos dereitos :
Se premedes no seguinte enlace poderedes ver o documento completo facilitado por UNICEF cos 54 artigos da Convención sobre os Dereitos da Infancia publicada o 22 de novembro de 1989:
CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA
15 nov 2010
RENOVARSE, EVOLUCIONAR....SIMPLIFICAR
Seguro que tedes escoitado estes días, na casa ou ao mellor nos medios de comunicación, que o albabeto cambia, para achegalo máis á linguaxe falada. Seguramente que así teremos menos lío a hora de escribir, e polo tanto menos faltas, que vos parece ?
RESUMINDO:
- Desaparece o "ch" e o "ll" polo que o alfabeto pasa de 29 a 27 letras.
- O "i grego" pasará a chamarse "ye".
- O adverbio "solo" e os pronombres demostrativos (este, esta, esos, estas) non levarán tilde.
- O monosílabo "o" non se tilda cando vai entre números (5 o 7).
Para Informarvos mellor a este respecto, aquí tedes un enlace da prensa:
10 nov 2010
BIBLIOBURRO...
Para que ler? ... pois "PARA TEÑIR O MUNDO DA COR QUE QUEIRAS", esa é a resposta dun mestre rural de de Colombia, Luis Soriano, creador da Biblioteca Rural Itinerante Biblioburro. Según as súas palabras: " Debemos llevar cuentos a los niños por que si ellos no tienen Bibloteca hay que inventarla, llevársela a donde ellos están ..." Non pensedes que todas as Bibliotecas son coma a da Meigatintureira no cole.... Mirade.... Ah! E outra pregunta: Sabedes quen son ALFA e BETO? mirade, mirade...
4 nov 2010
CHEGA O OUTONO... E OS MAGOSTOS!!!
Unha pequeniña recopilación poética sobre esta época do ano tan fermosa : vendimas, esfolladas, magostos, ....
MONDRIÁN NA BIBLIO...
Coñecedes a MONDRIÁN? Foi un mestre ao que lle encantaba tanto a pintura que se dedicou a pintar cadros a maior parte da súa vida. Pintaba cadros ABSTRACTOS, non usaba formas coñecidas, senón cores, formas e liñas que non se parecían en nada á vida real. Os rapaces e rapazas de tres e catro anos tentamos imitalo.... mirade:
2 nov 2010
MEZCLA CORES... E FAI UN CASI.....!!!
Para a inauguración da Biblioteca este curso eleximos dous libros: un titulado " Casi " de edicions Serres para os máis pequenos e para o segundo e terceiro ciclo " La verdadera historiade los colores " da editorial Lóguez. Narrados pola profesora Mª José de 5º e apoiada coas imaxes en Power Point dos contos.
Esperábanos a Meigatintureira que nos presentou a súa carta en formato dixital:
As historias serviron de base para a realización de varias propostas plásticas:
E para seguir coa tradición tamén recibiu cada grupo un pequeno agasallo de parte da nosa Meiga: Mochilas para levar a casa os libros de préstamos para E. Infantil, novos carnets da Biblioteca e libros dos Bolechas para primeiro, contos para segundo, libros sobre a reciclaxe para terceiro e cuarto, e quinto e sexto exemplares da revista Circulando. Grazas Meigatintureira!!!
AQUÍ ESTAMOS DE NOVO...
Os pasados 28 e 29 de outubro celebramos a apertura oficial da Biblioteca. Este ano a nosa MEIGATINTUREIRA levaranos nunha viaxe arredor do mundo da Pintura, os museos..., baixo o lema: "ESCRIBIMOS CADROS, PINTAMOS HISTORIAS". Unha pequena mostra da viaxe que fixo este verán polos museos foi o mural que nos deixou na entrada
da Biblioteca.
Coma cada ano esperamos ansiosamente a chegada da súa carta que asoma as nosas clases por correo ordinario. Se queredes lembrala preme na imaxe do sobre: